Unha revista mensal que aposta por recuperar o humor galego co lema “lerasnos de morto se non nos les de vivo”. O primeiro número está adicado ao feismo arquitectónico. Tamén participa graficamente o equipo creativo da marca de camisetas Rei Zentolo (Pablo, Miranda, Juan Silva). Ademais de BD e humor gráfico, ten textos de Manolo Rivas, Manuel Lourenzo, Héitor Real, Miguel Carvalho, Xico Paradelo. Recibiu o premio do público á mellor revista de 2007 no Salón Internacional do Cómic de Barcelona (2008). En 2011 publicou os números 30 a 33 ambos inclusive, cunha tiraxe de seis mil exemplares para cada un dos catro. O web da revista é www.revistaretranca.com
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2007
Textos en galego
Continúa a publicarse
Periodicidade mensal
Depósito legal: Vg 1017-2007
ISBN:
ISSN: 1888-1971
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampada, 22 x 17 cm, 24 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 2,20 euros
Tiraxe: 6000-8000 exemplares
Distribución: Quioscos de Galicia
Entidade:
Retranca Editora, S.L.,
autores
Mel
Debuxante
Grises
Portadista
Pachi
Guionista
Debuxante
Noticias relacionadas
O fenómeno Luís Davila
Publicado o 23 / 6 / 2023
O premio Trasalba recoñece a traxectoria dun humorista gráfico que se constituíu como un referente xeracional