Traballou en diversos eidos artísticos até que se estableceu como colaborador habitual de La Voz de Galicia, participando ademais en proxectos como "Xatentendo.com", "Golfiño" (segunda etapa) e "H2Oil". Foi cofundador do Estudio Tangaraño con Fran Bueno e outros artistas e tamén é coñecido como caricaturista. Ten debuxado para libros de texto e para publicacións como "Tempos", "Azul y Blanco" ou "Compostelán". Traballou en producións de animación como "O bosque animado" e "O rei Quintín".
Palmarés
Premio Ourense ao mellor autor afeccionado 1998 da Casa da Xuventude de Ourense por "España vai...". Como caricaturista foi premiado na II e V Bienal da Caricatura de Ourense, e como autor de cómic gañou o 3º premio do XII Concurso Galego de BD coa historia "Película en branco e negro". Tamén foi galardoado no Concurso de Cómic Juventud 98, no certame de humor gráfico da Casa do Humor de Fene e no I Certame galego de Imaxe Artística (2º premio da categoría de 22 a 30 anos).
Formación específica
Diplomado en Artes Aplicadas pola Escola de Artes Mestre Mateo (Santiago de Compostela).
publicacións
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista,
Debuxante,
Noticias relacionadas