Comezou en 1988 publicando na revista "Citania", para se sumar pouco despois ao "Frente Comixario". Fixo traballos para a publicación deste activo grupo e mais para o fanzine "Lendia Prea". Ademais foi o autor dos sete números do fanzine "Gor e Nar". Contribuiu xa en 1991 ao I Certame Ourense de BD co gallo das III Xornadas de BD de Ourense. Colaborou tamén con publicacións como o xornal "La Región", coa serie "Familia Pertetua", "Bem" e "Gigamesh", ademais de desenvolver obras para publicidade e cinema documental. Un dos seus traballos máis destados foi a realización dos debuxos para o CD-ROM "Galingua". Asinou a serie "A escola de Vilaverzas" para as dúas etapas da revista "Golfiño". Fixo man a man con Kiko da Silva os cómics "Maiópolis" (ed.CC OO) e "Pol & Cía" (ed.Xunta). Tamén incursiona no campo de 3D co proxecto animado "As aventuras de Ventura". Fixo tándem con Javi Montes na serie Rocket B da revista Mister K, realizando o guión dun total de 54 páxinas de cómic.
Palmarés
Premio Ourense 1994 ao mellor autor afeccionado, da Casa da Xuventude de Ourense, por "O anel encantado". Premio Ourense á mellor iniciativa do ano 1995, da Casa da Xuventude de Ourense, pola serie "A familia perpetua" (en "La Región"), xunto con Héitor Real e Miguel Anxo Carvalho. En 1993 recibiu o 1º premio no IX Concurso Galego de BD por "Estades mortos". Gañador do 3º premio no XI Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 95 por "Si, claro...".
publicacións
Álbum
H2Oil
Guionista,
Debuxante,
Álbum
Pol e Cía
Planificación de páxina,
Colorista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Debuxante,
Guionista,
Noticias relacionadas
Toda a historia que pode entrar en 16 hectáreas
Publicado o 4 / 6 / 2024
Un recinto arqueolóxico en Vilar de Barrio permite identificar unha colosal fortificación da Idade do Bronce e un asentamento temporal ligado ao primeiro dominio romano da Limia