A Lista de Honra Internacional 2022 de libros infantís e xuvenís da IBBY (International Board on Books for Young People) inclúe este ano dúas obras en lingua galega, propostas desde GÁlIX (Asociación Galego do Libro Infantil e Xuvenil) e outro en lingua castelá editado pola editorial galega, Kalandraka Editora. 'O bestiario científico de Anxos Nogueirosa' (Urco Editora, 2018) de Antonio Manuel Fraga (Pontedeume, 1976) é a obra da narrativa galega que entra nesta selección bianual de 163 libros de todo o mundo para lectura infantil e xuvenil. Ademais inclúese tamén a edición en galego de 'Unha noite no tren da Vía Láctea', tradución de Gabriel Álvarez para Aira editorial dun libro escrito polo xaponés Kenji Miyazawa e con ilustracións de Miguel Robledo. A lista inclúe tamén a versión en castelán do álbum infantil 'Miña Guía, Meu Capitán', do escritor valenciano Gonzalo Moure e Maria Girón, publicado pola editorial pontevedresa Kalandraka e que tamén ten no mercado unha versión traducida ao galego.