Logo de anos de traballo calado, un nome histórico da BD e da ilustración galega, Miguel Robledo, acaba de dar o salto ao panorama estatal cunha obra en español. Astiberri publica Territorio unha obra de ciencia ficción de 136 páxinas a cor guionizada por David Muñoz.
A obra trata o tema do acoso escolar nun contexto futurista e un planeta alienÃxena. Na historia, un capitán das tropas terrestres enfróntase á posibilidade de se vingar do soldado que o acosou no instituto. Miguel Robledo dedicou sete anos a completar este traballo.
Pola súa banda, VÃctor Coyote Aparicio continúa a súa carreira como autor de cómic con El cóndor y la canÃbal. Esta obra, tamén publicada por Astiberri en colaboración co Museo Thyssen-Bornemisza , narra en 80 páxinas diferentes historias que reflexionan sobre "a memoria do colonialismo, o poder da arte, os costumes naturais, a ficción e a mentira", a incidir no legado que este sistema de explotación deixou na nosa sociedade.
Finalmente, o guionista vigués Manuel López Poy asina Soul, la novela gráfica, unha obra con debuxo do catalán Pau Marfá que repasa a historia deste xénero musical ao tempo que aborda a loita polos dereitos civÃs no Estados Unidos. A obra segue a liña da Blues, la novela gráfica, que o lugués publicara en 2022 co mesmo debuxante e tamén na editorial Redbook.
Nesta mesma primavera, López Poy publicou tamén a súa aproximación a El Vaquilla, coñecido delincuente xuvenil español que protagoniza unha novela gráfica publicada por Cascaborra Edicións e debuxada por Kepa de Orbe.