O Concello da Coruña acollía este 22 de xullo a presentación do programa completo da vixésima sétima edición de Viñetas desde o Atlántico. A primeira xeira do festival de BD herculino con Manel Cráneo como director suma a Fermín Muguruza á súa listaxe de convidados e presenta unha nova estrutura temática que incorpora novas propostas á novena arte.
Para alén da presenza do creador vasco que, presentará o filme e a novela gráfica Black is Beltza 2, o festival anunciou como novidades unha exposición de homenaxe ao creador de Son Goku e Arale. Toriyama en Galicia recollerá propostas de nomes galegos do sector como Paula Cheshire, José Domingo, Miguel Robledo ou Xulia Pisón, entre moitos outros, canda a unha escolma de páxinas do fanzine Onda Vital!! e outros obxectos e publicacións relacionados co homenaxeado.
Tamén se suma nesta xeira unha homenaxe a Xaquín Marín coa incorporación dunha figura do seu personaxe Gaspariño ás que habitualmente adornan as rúas da cidade durante o evento. Segundo lembra a organización, é a primeira vez que un personaxe de BD galega fai parte deste elenco.
A outra grande novidade do Viñetas desta edición é a organización das seccións do evento. Áreas temáticas atenderán á programación para o público máis cativo (Viñetas Mini) ou aos contactos profesionais do sector (Viñetas Pro), organizan as actividades previstas. A estas sumarase, xa no mes de setembro unha programación especial con Viñetas Inclusivas.
Estréase tamén nesta xeira Viñetas Ñam, área na que diferentes restaurantes da cidade elaborarán pratos temáticos con ocasión do festival, e Viñetas Show, proposta que integra no Teatro Colón un ciclo de cinema baseado en obras da novena arte, un concerto ilustrado de Sangre de Muérdago e mais unha serie de entrevistas cos nomes convidados a este evento en formato Late Night.
A Rúa da BD, que acolle os postos de venda editoras e librarías, acollerá nesta ocasión un total de 36 expositores, a incluír por vez primeira a presenza da editora portuguesa Chili Com Carne, sinaturas con 60 autoras e autores, presentacións , faladoiros e mesmo o espectáculo escénico Moby Dick de Pedras de Cartón e un concerto de Chuches Amil.