» banda deseñada »  autores
jaraba.jpgJaraba Bará, Francisco
Pontevedra  1957   
Fran Jaraba
Debuxante
Foi un dos impulsores de “Xofre”, unha das publicacións pioneiras do cómic en Galicia, en 1979. Ilustrou o seu primeiro libro en 1981 e ten feito máis de setenta para diversas editoriais españolas. Colaborou con publicacións como "Can sen Dono" e "Golfiño". No verán do ano 2000 publicou o seu primeiro álbum de banda deseñada, "Cita na Habana", ambientado na Guerra da Independencia de Cuba. O segundo volume deste título, “Campos de Cuba”, saíu á luz no 2004.

Palmarés
En 1980 gañou o concurso de banda deseñada convocado pola asociación "O Facho". Gañador do premio Ourense de banda deseñada (Casa da Xuventude de Ourense, 1999) pola súa traxectoria. Entre outros recoñecementos tamén recibiu o premio Pardo Bazán do Ministerio de Educación (1988), a V Curuxa Gráfica (1989) e foi seleccionado en 1994 pola OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) como un dos representantes de España na Bienal Internacional de Ilustración de Bratislava (Eslovaquia). En 2011 foi un dos catro finalistas do I premio Ciutat de Palma de Còmic.

Formación específica
É arquitecto de formación e exerce a docencia como profesor de educación plástica e visual no ensino secundario.
publicacións
Álbum
División Azul
Debuxante, Guionista,
Álbum
De sangre y ron, mi Cuba
Debuxante, Guionista,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Debuxante,
Álbum
Terra Libre
Debuxante, Guionista,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Catálogos e manuais
La historieta gallega
Debuxante,
Álbum
Campos de Cuba
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Debuxante, Guionista,
Álbum
Cita na Habana
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Cine e historieta galega
Debuxante,
Álbum
A volta a Galicia en 40 pontes e media
Debuxante,
Revista ou comic-book
Can sen dono
Ilustrador,
Revista ou comic-book
Xofre
Debuxante, Guionista,


  Noticias relacionadas

Ladridos que fixeron historia
Publicado o 5 / 10 / 2023
Culturagalega.gal súmese ao 40 aniversario de Can sen dono coa publicación da colección completa de portadas da histórica revista
Bululú lanza o segundo volume da BD Unha mestra en apuros
Publicado o 19 / 10 / 2020
Pedro Segade e Fran Jaraba súmanse ao catálogo de Cascaborra Ediciones
Corenta autores colaboran con Yolanda Castaño na primeira BD poética galega
Publicado o 18 / 10 / 2018
Xerais publica O puño e a letra que escolma 40 poemas da autora
Abre na Coruña unha mostra histórica sobre a BD galega dos anos 70
Publicado o 18 / 11 / 2016
BDG70: a revolta do cómic galego pode verse na sala Normal ata o 31 de decembro
Aquela vangarda dos cadriños
Publicado o 14 / 12 / 2015
A primeira tese doutoral sobre banda deseñada galega analiza o labor dos autores dos anos 70
Fran Jaraba lanza División Azul
Publicado o 24 / 4 / 2013
Edicións de Ponent edita en maio o álbum do autor galego
Fran Jaraba publicará con De Ponent División Azul
Publicado o 14 / 6 / 2012
O lanzamento está previsto para a vindeira primavera

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org