Fran Jaraba publicará con De Ponent División Azul

O lanzamento está previsto para a vindeira primavera

Imaxe de <i>División Azul</i> de Fran Jaraba
Imaxe de División Azul de Fran Jaraba
Logo da súa triloxía ambientada na Guerra da Independencia Cubana, o galego Fran Jaraba continúa a súa aposta pola banda deseñada de temática histórica. División Azul é o título do seu novo traballo, que segue a andaina dos voluntarios españois na fronte rusa durante a II Guerra Mundial. Con 56 páxinas a cor, a obra sairá en castelán da man de Edicions de Ponent na vindeira primavera. Jaraba adianta que ten xa a maior parte da obra debuxada.