
Na mostra abórdanse elementos como as relacións destes creadores coas vangardas, as iniciativas expositivas pioneiras que se deron na época arredor da novena arte, os traballos orientados ao público infantil e xuvenil, a pegada da ciencia ficción ou o papel dos colectivos nun panorama efervescente que sentou as bases para o posterior desenvolvemento da BD en Galicia.
Segundo explica a presentación do proxecto "esta exposición quere pór de relevo a gran cantidade de artistas que, aÃnda en perÃodo ditatorial, canalizaron o seu pensamento antiautoritario e artÃstico a través dun medio aÃnda marxinal, o cómic, e dunha lingua pretendidamente marxinalizada, o galego. A riqueza e variedade temática, das técnicas artÃsticas e dos diferentes formatos empregados non deixarán indiferente o visitante, que con certeza vai poder mergullarse na historia polÃtica e social dos anos setenta por medio da novena arte".