Debuxante pontevedrés afincado en Madrid, traballou como director de arte nunha axencia de publidade. Ilustrador autodidacta, ten desenvolvido labores de deseño de marketing para canles de televisión, xornais e marcas comerciais moi coñecidas. Desde mediados de 2004 traballa exclusivamente para o mercado de BD francobelga colaborando co colorista Javi Montes, ambos con obra publicada xa no mercado dos EEUU.
Entrevista a Tirso Cons en
Entrecomics (2007)
Palmarés
Participou en diversos certames locais e autonómicos, gañando un concurso de BD en Pontevedra en 1993. O seu cómic O ollo do diabo levou o premio ao mellor álbum novelesco no Festival de Moulins (Francia, 2005).
Formación específica
Licenciado en Publicidade e RRPP (Madrid, 2001).
publicacións
Noticias relacionadas
A emigración gráfica desde a casa
Publicado o 27 / 10 / 2017
O traballo desde o fogar e a perspectiva industrial marcan a experiencia dos autores galegos de BD no exterior
Facer as Américas a cadriños
Publicado o 23 / 10 / 2017
Unha vaga de autores galegos de banda deseñada consegue o éxito a traballar para mercados foráneos