O traballo a distancia é un denominador común para os autores e autoras do país que participan nos grandes mercados de banda deseñada. Esta situación enfronta a estes profesionais a desafíos particulares á hora de conseguir novos proxectos, traballar en equipo ou atender os labores promocionais dos seus títulos. Canda a isto, o ritmo de produción e as peculiaridades da industria determinan en grande medida o día a día destes creadores.
Non cabe dúbida de que o teletraballo achegou moitas posibilidades para os creadores do noso país acceder a mercados internacionais de banda deseñada. A videoconferencia, o correo electrónico e a dixitalización facilitan que desde a Coruña, Vigo ou Madrid algúns dos nosos creadores publiquen en Estados Unidos e Francia. Como unha expresión en sentido contrario do mesmo fenómeno, temos o caso de Al Barrionuevo, autor arxentino que se instalou hai uns anos en Poio por motivos familiares e que desenvolve desde alí o seu labor para Marvel. Se ben en xeral os debuxantes consultados coinciden nas vantaxes de desenvolver o seu traballo a distancia, hai tamén dificultades nesta modalidade.
O primeiro paso cara ao exterior
O primeiro reto ao que se enfrontaron os galegos para chegar á primeira división do cómic mundial foi o de abordar as editoras e conseguir que se interesasen polo seu traballo sen necesidade de ir ás grandes capitais da BD. Polo xeral, a tentativa foi, como outros milleiros de autores de todo o mundo, enviar propostas ás editoriais vía correo electrónico. Foi o caso de Fran Bueno. "Eu daquela vivía en Francia, fun en persoa ás editoras francesas e mandeille correos a moitas americanas. Tiven a sorte de que un guionista buscaba un debuxante para seguir unha serie que tiña aberta", explica a lembrar os seus comezos na estadounidense Image. Houbo tamén quen foi chamado sen teren enviado antes propostas, como é o caso de Miguel Porto, quen colgou algún dos seus traballos na xa desaparecida páxina Drawn. "Recollía ilustradores de todo o mundo, e penso que chegaron ao meu blog desde alí", lembra. Emma Ríos aproveitou a visita de editores internacionais ao Saló del Còmic de Barcelona para presentar o seu traballo. "A todos lles gustaba pero non aparecía un proxecto axeitado", sinala. Foi a mención ao seu traballo no web do prestixioso guionista Warren Ellis o que lle axudou a dar o paso definitivo. "Promovía autores que lle gustaban, fixo un post e as visitas ao meu Flickr pasaron de vinte a tres mil. Ao mes tiña unha oferta de Boom! Studios para unha miniserie". No caso de David Rubín foi o traballo que tiña publicado en España o que facilitou que lle chegasen ofertan de Alén Mar. "O máis parecido a un axente que teño é a editorial Astiberri que vende os dereitos internacionais das obras que me teñen publicado, e conseguiron colocar a edición de El héroe en Dark Horse. Aínda que tardou en se publicar, Paul Pope lera a edición en castelán e chamoume para debuxar a serie de Aurora West. Logo unha cousa foi levando a outra". Como exemplo do xeito en que funcionan as cousas na industria apunta que "quen me chamou de Dark Horse para Ether foi a mesma persoa que negociara a edición de El héroe".
Traballar con axente
Tal e como comenta Rubín, outra vía para acceder a un mercado como este é o emprego de axentes, profesionais que se encargan de mediar entre autores e editores e cuxo labor chega mesmo a lle proporcionar ao artista versións traducidas dos guións para facilitar o traballo. Xermánico é un dos profesionais que opta por este sistema, con Eduardo Alpuente como representante desde os seus comezos. Tamén Álex Cal desembarcou nos Estados Unidos con este sistema. "Eu comecei moi novo e non coñecía ben ese mundo, atopei un axente que se ofertou a levar o meu traballo por editoras estranxeiras e ao pouco conseguiume a primeira encarga en Boom! Studios", apunta. Fronte ao aforro de traballo que lle supón ao autor esta fórmula, recoñece que "eu ao comezo só quería publicar algo. Foron aparecendo cousas, conseguín o meu primeiro traballo para Marvel e iso ilusionoume moitísimo, pero a certa altura comecei a estancarme e a sentir que precisaba algo máis. Ao traballar cun axente non tiña contacto con editores, guionistas ou coloristas, non participaba no proceso creativo e isto resultaba moi frustrante. Conseguir respostas ás dúbidas ou as propostas que facía resultaba eterno". Ante esta situación, e nun momento no que o ritmo de traballo baixara, "comecei a moverme pola miña conta e a asinar como Aco para poder presentar as miñas mostras sen que me asociasen co meu anterior axente". Desde aquela, a súa carreira despegou e permitiulle traballar ata o momento de xeito continuo e cunha maior implicación creativa. "O contacto persoal con editores e guionistas é fundamental nesta industria, ao traballar con axente era practicamente un fantasma". Emma Ríos apunta tamén que "Marvel foi como unha segunda carreira, metinme bastante na maquinaria e entendín como é o proceso de relación co editor ou cos guionistas. Eu preciso entender as cousas, non podería traballar cun axente que fale por min".
A importancia de manter o contacto
Coma eles, diferentes creadores coinciden na necesidade de manter contacto periódico con colegas que están a distancia. Conseguir que o seu nome sexa coñecido entre os profesionais da industria semella un dos principais desafíos ao que se enfrontan os autores galegos que traballan para o exterior. Para Cal "promocionar o teu traballo é algo relativamente sinxelo coas redes sociais. O problema é facerte un nome entre tanta oferta. Na miña experiencia ter contacto con outros autores, guionistas, coloristas ou editores supuxo un plus, e tamén estou encantado de recomendarlle xente ás editoras coas que traballo". Tamén Xermánico, malia á súa experiencia cun axente, recoñece que "a pesar de que en Estados Unidos funciona a meritocracia e é a calidade do teu traballo o que conta, hai unha cuestión de contacto humano. Se un editor procura alguén para un proxecto, é máis sinxelo que, a igual calidade, chame a alguén con quen teña confianza en persoa".
A atender a isto, Tirso Cons recoñece a necesidade non esquecer as relacións públicas no ámbito profesional. "Eu dedícolle tempo e tento levalas a un status de confianza, procuro amosar interese, manter certa comunicación e crear cordialidade. Trátase de que saiban que estás aí e de que poden contar contigo", explica. Do mesmo xeito Xermánico apunta que "é habitual que os debuxantes españois que traballan en Estados Unidos viaxen alí de cando en cando e tamén que cando un editor visita España aproveiten e tenten ir coñecelo en persoa". Emma Ríos é unha das que se desprazan de xeito periódico ao país americano. "Tento viaxar unha vez ao ano para ver a Kelly Sue (DeConnick, guionista) e ao meu editor e falar con eles de proxectos e de cousas. En quince minutos sentados na mesa desaparécenme todos os nervios ou as dúbidas que poida ter sobre un libro. A distancia vólveste moi insegura e o contacto directo é moito máis tranquilizador", explica Ríos.
A distancia
Mesmo se a maior parte dos creadores consideran que non é un problema traballar a distancia, a modalidade implica determinadas mudanzas. "Si que se complica", explica Ríos. "Por unha banda é positivo porque non che contamina ese ambiente e podes tomar decisións con máis calma, pero tendo colaboradores si pode ser complicado. Eu teño a Kelly Sue na Costa Oeste, e a Hwei Lim (cocreadora de Mirror) en Malaisia, e iso son diferenzas horarias de máis seis horas para unha e menos nove para a outra. E cada vez que viaxas para as ver son 20 horas".
Para Cons, no entanto, "hoxe en día non inflúe. Podes traballar en calquera lugar con videoconferencia e correo electrónico", sinala, ao igual que Rubín, quen apunta que "con Internet e as redes acaba sendo todo igual. Debuxantes estadounidenses que estean en Minnesota e teñan o editor en Los Ángeles pasan polo mesmo ca nós. Coa tecnoloxía actual podes enviar bosquexos e ter resposta aos cinco minutos, como se estiveses ao carón, non noto moita diferenza". O mesmo comenta Emma Ríos. "ao mellor ves que non medraches nese contorno, pero hai moitas facilidades por Internet, e logo podes ir alí, ter reunións e comentar cousas". E ata hai quen lle atopa vantaxes ao sistema. "Eu prefiro facer piña e comunicarme coa xente coa que traballo. Precisamente algo que me gusta de traballar con Estados Unidos é esa sensación de facer parte dun equipo para sacar adiante unha obra. Quizais veña da cantidade de anos que pasei a traballar practicamente só, e ter ese retorno tan rápido cada vez que mandas unha serie de páxinas fai que me sinta moito máis acompañado e traballe máis feliz", recoñece David Rubín.
Promoción e contexto
A distancia co lugar no que se editan as súas obras si que se deixa sentir para algúns autores en diferentes ámbitos. Cons recoñece a respecto de Francia que "resulta raro non estar no país e non poder ver de preto o movemento cultural. Aínda que reviso os informes técnicos sobre o mercado e tento estar informado cos datos que manexa o editor, é unha perspectiva que resulta estraña. Non estás fisicamente en contacto coas librarías, non podes ver cantos libros hai e como se moven. Isto é algo que a moita xente non lle preocupa, pero a min gústame estar ao tanto de como van estas cousas". Porto apunta que na distancia "perdo cousas da promoción máis directa, como son as sinaturas e as presentacións, pero non me preocupa demasiado". Cons pola súa banda recoñece que a proximidade de Francia lle facilita desenvolver xiras de presentación por diferentes festivais do país ou manter contacto persoal con editores e outros profesionais. "Non hai unha grande diferenza para un editor levar un autor desde España que desde unha cidade de Francia", apunta.
Ritmo industrial
O peso da industria americana, artellada polo xeral en base a series mensuais, déixase sentir de xeito particular no xeito de traballo dos creadores. Porto apunta que este mercado "resulta moito máis esixente que o español. Hai datas de entrega sagradas, pero tamén a profesionalidade se traduce á hora de cobrar" con puntualidade. A importancia das entregas obrigou a algúns autores a adaptar o seu xeito de traballo. No caso de Rubín, a simultanear Ether e Rumble, "tiven que facer cálculos, mirar ben os prazos e paseime ao dixital", a debuxar directamente sobre tableta gráfica, "para poder manter o ritmo sen baixar a calidade". Fran Bueno recoñece que na súa retirada do mercado estadounidense pesou, para alén de aspectos creativos, que "o ritmo era esgotador. Alí sentinme arroupado polo peso da industria, ves que hai uns xeitos establecidos sobre cousas como a maneira se ten relacionar o autor cos editores. Valóraseche como un profesional e ven o teu labor como un traballo serio e nese sentido a experiencia foi moi boa". "Cando comecei a traballar en Marvel nin sabía canto tempo me levaba facer unha páxina porque nunca puidera traballar tantas horas seguidas como para rematar unha nunha única sesión", recoñece Emma Ríos. "Ao comezar tiven que coñecer os meus tempos e logo tentei ser moi sincera con eles, tiven moita sorte porque non me deixei presionar, sempre dixen as posibilidades que tiña e entón eles tamén sabían a que se ater". Recoñece no entanto que "o xeito de traballar é complicado, no comezo tiña enerxía e só poder dedicarme a isto parecíame incrible", di a autora, que deixou o seu traballo como arquitecta cando puido desenvolver a súa carreira en Estados Unidos.
As presións
Nun modelo orientado a que o autor só teña que se preocupar por debuxar "estás cómoda. Danche ata o papel e poderías dedicarte unicamente a debuxar, pero para min é importante ter o control e a xestión do teu traballo", explica Ríos. Recoñece que un dos motivos para mudar de editora foi que "cada vez había máis presión". O cambio de firma permitiulle ver outros aspectos da grande industria, como é o apremio para completar compromisos e o rexeitamento ao seu traslado. "Ao marchar houbo quen non o tomou ben, e aí puiden ver o ambiente corporativo. Ti relaciónaste co teu pequeno equipo, e é cando tes contacto cos tiburóns de arriba que vés que para eles isto é só un negocio". En xeral, no entanto, recoñece sentirse "moi agradecida a Marvel xa que alí fixen o que quixen e o meu equipo protexeume e deume estabilidade". Outro ámbito no que se nota o carácter industrial das editoras é, segundo advirte Porto, "na cantidade de promoción que se fai. Semella que hai unha grande maquinaria propagandística e ata editoras pequenas como a miña teñen unha sección dedicada a facer mailings masivos ou a conseguir citas promocionais", é dicir, comentarios de persoas que renome que recomenden a obra. No caso de Porto, a editora conseguiu que persoeiros como o actor Tom Hanks ou o presentador John Oliver recomendasen o seu Allen son of Hellcock.
O retorno a casa
A posición destas editoras a nivel mundial facilita o feito de que os traballos dos autores galegos estean tamén dispoñibles en castelán. Así, Astiberri está a traducir os traballos de Emma Ríos e Rubín, mentres ECC verte ao español títulos de Marvel e de Image como os realizados por Cal ou Xermánico. No entanto, o sistema de traballo por equipos habitual en Estados Unidos, con nomes de coloristas, guionistas, debuxantes ou entintadores a compartir espazo nas capas de cada entrega, sumado ao feito de traballar en ocasións en series preexistentes e con personaxes xa coñecidos, poden dificultar que un autor concreto brille. Así, Cal recoñece que "desde que asino como Aco e dou poucos sinais de vida por medios e salóns vivo bastante tranquilo. A xente sorpréndese cando sabe que son español, e non digamos galego". A maiores, o feito de traballar con títulos máis alternativos dentro das grandes editoras fan que sexa "normal que a miña obra pase máis desapercibida nestes lares", xa que da súa produción "a España chegaron catro cousas, aínda que as reaccións que lin son moi positivas e é con iso que fico".
A grande materia pendente, comentada en diferentes ocasións por varios destes autores é a edición en galego das súas obras. Se ben no seu momento El Patito Editorial verteu para a nosa lingua as series de Boom! Hexed con debuxo de Emma Ríos e Vento do Norte, de Álex Cal, ou o primeiro volume de A mansión dos murmurios, de Cons, a iniciativa non tivo continuidade posterior. De feito, o propio Tirso Cons optou por empregar a editorial da que participa, 3 Pintamonas, para levar ao galego o seu último lanzamento en Francia, Traqueurs. A problemática que se deu coa obra de Miguelanxo Prado, inédita na nosa lingua durante anos, semella continúar viva.