En 1993 empeza a traballar co guionista Carlos López baixo o seudónimo de Pinto (de Pinto & Chinto), converténdose en poucos anos nunha referencia do humor político en prensa. As súas tiras cómicas teñen saído en xornais como Diario 16, La Voz de Baleares ou Diario de León e diariamente nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia. O seu principal traballo no campo do cómic é Tito Longueirón, que despois de sair semanalmente no suplemento de humor Xatentendo.com, protagonizou páxinas noutras publicacións como a galega Golfiño ou a catalana Tretzevents. Como ilustrador ten unha extensísima bibliografía, tendo traballado para editoriais como Everest, SM, Alfaguara, Edelvives, Anaya, Kalandraka, Sotelo Blanco, Círculo de Lectores, Biblos.
Palmarés
Premiado pola Society of News Design (SND) polos seus traballos en La Voz de Galicia. Premio especial do xurado no IX certame de pintura ``Pintor Argüelles´´. Premios para o dúo Pinto e Chinto en 2008: Premio Haxtur ao humor, polas súas bandas diarias no xornal La Voz de Galicia. Segundo premio no VIII Concurso Internacional de Humor Gráfico ``Hermes´´, organizado polo Ayuntamiento de Barakaldo.
publicacións
Revista ou comic-book
Retranca
Debuxante,
Revista ou comic-book
Golfiño
Debuxante,
Noticias relacionadas