A gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego recuperará o seu carácter presencial despois de dous anos de pandemia e volverá a reunir o vindeiro sábado no Teatro Principal de Santiago a unha grande parte do sector literario, editorial e libreiro de Galicia. Na presentación da gala, á que asistiron representantes das tres asociacións organizadoras (librarías, editoriais e escritores) deuse a coñecer máis detalles sobre a mesma así como os nomes das tres persoas que recibirán os premios honoríficos que cada ano outorga cada unha das asociacións. Nesta ocasión os premios de honra son para Xesús Alonso Montero, Mercedes Corbillón e Ana Luísa Amaral. A gala dos premios estará presentada polo dúo AldaoLado coa súa mestura de poesía, humor e música e emitirase en directo por You Tube a partires das 19:00h do vindeiro sábado, 7 de maio de 2022. Contará coa actuación musical do trío pontevedrés Peña, gañadores da última edición do premio Narf que organiza a Deputación da Coruña.
Premiados polas asociacións
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), é o Premio Honorífico da Edición da Asociación Galega de Editoras como filólogo, crítico literario, escritor, poeta, sociolingüista e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela. A AGE considera que Xesús Alonso Montero "é unha figura fundamental na resistencia do libro galego durante a longa noite de pedra do franquismo e un incansable impulsor do seu novo rexurdimento trala chegada das liberdades".
Mercedes Corbillón, responsable da Librería Cronopios é a distinguida co premio que anualmente escolle a Federación de Librarías de Galicia. Segundo Ramón Domínguez, presidente da Federación, a escolla de Mercedes Corbillón como premiada débese a que "representa todo o que debe ser unha librería na actualidade tanto por actividades como pola interrelacións que consegue entre quen escribe e quen le".
A AELG designa todos os anos un escritor galego universal. Este ano, a designación correspondeu a Ana Luís Amaral (Lisboa, 1956), poeta e profesora na Universidade do Porto, con áreas de estudo son as poéticas comparadas, feminismo e estudos queer. Segundo a poeta Marta Dacosta "Amaral é a poeta que contraria a tradición, a que reinterpreta e volve falar dos mitos, das personaxes, das figuras prototípicas. Contraría e ironiza".
Finalistas
Os premios Follas Novas pecharán o vindeiro sábado unha nova edición recuperando o carácter presencial anterior á pandemia e ampliando por primeira vez o proceso de selección para seren máis representativos da amplitude, variedade e riqueza da literatura e da produción editorial e libreira do país. Eis a listaxe de finalistas por categorías:
Ensaio e investigación
Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia)
Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán, de María Pilar García Negro (Alvarellos Editora)
Um país a la gallega. Galiza no No-Do franquista, de Beatriz Busto Miramontes (Através Editora)
Divulgación
H2... Oh!!! Pingas científicas, de María Canosa (Editorial Galaxia)Pandemias.
As epidemias que asolaron a humanidade, de Juan J. Gestal Otero (Edicións Bolanda)
Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés, de Narciso de Gabriel (Editorial Galaxia)
Narrativa
As malas mulleres, de Marilar Aleixandre (Editorial Galaxia)
Golpes de luz, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
O cervo e a sombra, de Diego Ameixeiras (Edicións Xerais de Galicia)
Infantil
A mestra corremundos, de Arancha Nogueira (ilustrado por Ana Varela) (Cuarto de inverno)
Douche a miña palabra, de Fran Alonso (ilustrado por Bea Gregores) (Edicións Xerais de Galicia)
Neko, de Eva Mejuto (ilustrado por Bea Gregores) (Oqueleo)
Xuvenil
A nena lectora, de Manuel Rivas (ilustrado por Susana Suniaga) (Edicións Xerais de Galicia)
Contos de obxectos, de Xabier P. DoCampo (ilustrado por DNL) (Edicións Xerais de Galicia)
santoamaro, de Antonio Manuel Fraga (Edicións Xerais de Galicia)
Libro ilustrado
A Coruña, por David Pintor (Kalandraka Editora)
Guía definitiva dos anfibios e réptiles da Galiza, por Pancho Lapeña e Ignacio Munilla Soriano (Ourensana)
Nación Mar, por Xosé Iglesias (Editorial Bululú)
Banda deseñada, gráfico e humor
Aldara. A lenda do cervo branco, de Inés Vázquez (Demo Editorial)
Nós seis, de Julia Lago (Deputación da Coruña)
Que tempos!, de Xaquín Marín (Edicións Embora)
Iniciativa bibliográfica
Colección Chave Mestra, VV. AA. (aCentral Folque)
Colección Cidades, de David Pintor (Kalandraka Editora)
Colección Memoria Histórica (Editorial Galaxia)
Obra traducida
Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá. Tradución de María Alonso Seisdedos (Kalandraka Editora)
O infinito nun xunco, de Irene Vallejo. Tradución de María López Suárez (Edicións Xerais de Galicia)
O quinto en cuestión, de Robertson Davies. Tradución de Alejandro Tobar (Kalandraka Editora)
Poesía
Notas sobre a extinción, de Marta Dacosta Alonso (Editorial Galaxia)
O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)
Simún, de Nuria Vilán (Chan da Pólvora Editora)
Teatro
As desterradas, de Carme Varela (Edicións Xerais de Galicia / Xunta de Galicia)
DFW nas profundidades da tristeza infinita / As cancións que lles cantaban aos cativos, de Raúl Dans (Edicións Laiovento)
Fillos do sol, de Cándido Pazó (Editorial Galaxia)
Libro mellor editado
A Coruña, de David Pintor (Kalandraka Editora)
Intempériome (libro, CD, caderno, caixa), de Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia)

PREMIOS A TRAXECTORIAS
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla
Poetas Di(n)versos, por Yolanda Castaño
Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
Proxecto literario na rede
A que cheira, papá?
O Arquivo das Trasnas (Instagram), VV. AA.
Surfeando libros (Instagram), de Irene Pérez
Xornalismo cultural
Belén Regueira
Pilar García Rego
Susana Pedreira