Veñen de darse a coñecer os finalistas dos premios Follas Novas do Libro Galego, os antigos Premios Gala do Libro que estrean denominación nesta sexta edición en homenaxe a RosalÃa de Castro. A elección dos tÃtulos e autores destacados do ano 2020 que forman parte do listado de finalistas pecha a primeira parte dun proceso de selección no que as asociacións organizadoras, Asociación de escritoras e escritores en lingua galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de LibrarÃas de Galicia aportaron as súas respectivas candidatas en cada un dos apartados dos premios.
Chegan a este momento tres finalistas por cada unha das quince categorÃas e están representadas quince editoriais diferentes. Os premios divÃdense en 12 categorÃas de obras editades e outras tres para o recoñecemento de inciativas de Fomento da Lectura, Proxecto Literario en Rede e Xornalismo cultural, categorÃa na que son finalistas Montse Dopico, Ramón Nicolás e Ramón Rozas. Unha vez elaborada a lista definitiva de finalistas, un xurado deliberará e decidirá quen son os gañadores en cada unha. Segundo comunica a organización, os premios Follas Novas do Libro Galego terán a súa resolución nunha gala que se celebrará o vindeiro 15 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Esta gala será transmitida e, en función da situación pandémica do momento, poderá ter formato presencial se fose posible, aseguran.
Finalistas dos Premios Follas Novas 2021.Chegan a este momento tres finalistas por cada unha das quince categorÃas e están representadas quince editoriais diferentes. Os premios divÃdense en 12 categorÃas de obras editades e outras tres para o recoñecemento de inciativas de Fomento da Lectura, Proxecto Literario en Rede e Xornalismo cultural, categorÃa na que son finalistas Montse Dopico, Ramón Nicolás e Ramón Rozas. Unha vez elaborada a lista definitiva de finalistas, un xurado deliberará e decidirá quen son os gañadores en cada unha. Segundo comunica a organización, os premios Follas Novas do Libro Galego terán a súa resolución nunha gala que se celebrará o vindeiro 15 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Esta gala será transmitida e, en función da situación pandémica do momento, poderá ter formato presencial se fose posible, aseguran.