Os premios Follas Novas premiaron por partida dupla a Manuel Rivas

Diego Ameixeiras recolleu o galardón de narrativa por 'O cervo e a sombra'

Diego Ameixeiras recolleu o galardón de narrativa por 'O cervo e a sombra'
Foto dos premiados
Con volta ao formato presencial a gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego pecharon o tempo de pandemia e reuniu a parte do sector do libro no Teatro Principal de Santiago. No evento, os diferentes representantes das asociacións de editoriais, librarías e escritores aproveitaron a palestra para reclamar máis atención para o sector do libro e da literatura en Galicia e lembrar a situación na que se encontran tras unha crise e unha pandemia. O presidente das escritoras e escritores galegas, Cesáreo Sanchez, falando no nome das tes asociacións organizadoras realizou o discurso institucional aludindo á situación actual do mundo e necesidade de lembrar que o "sistema literario galego ten unha fráxil saúde" e precisa que se poña en marcha de vez o plan lector e que as administracións "teñan empatía co sector e as súas necesidades", unha petición que tamén lle fixo a cada persoa lectora do país. A gala pode verse íntegra en YouTube.

Na gala, presentada polo dúo AldaoLado, entregáronse os quince premios outorgados por votación e os tres honoríficos de cada unha das tres asociacións organizadoras: a Asociación de Escritoras e Escritores en en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG). Os premios resultaron moi repartido en obras de ata seis diferentes editoras. A obra 'O que fica fóra', de Manuel Rivas editada por Apiario fixo "doblete", resul5tando premiada como mellor libro de poesía e como mellor obra editada. Na categoría de Narrativa o libro 'O cervo e a sombra', de Diego Ameixeiras (Edicións Xerais de Galicia) sae desta gala cun novo recoñecemento tras do seu recente Premio da Crítica española. Tamén engade o Premio Follas Novas ao seu palmarés particular o proxecto Poetas Di(n)versos, de Yolanda Castaño, que recentemente acadaba o Premio Rodolfo Prada de xestión Cultural. Belén Regueira, da Radio Galega recollía o premio de Xornalismo Cultural e os responsables do perfil de Instagram O Arquivo das Trasnas o de Proxecto literario na rede. O xurado deste ano estivo formado por Inma López Silva, Miriam Ferrandáns, Pilar Sampedro, Esther Gómez, Ramón Nicolás, Charo Portel e Susana Sánchez Aríns.

Ganador@s dos Follas Novas 2022

Ensaio e investigación
'Um país a la gallega. Galiza no No-Do franquista', de Beatriz Busto Miramontes (Através Editora)

Divulgación
'H2... Oh!!! Pingas científicas', de María Canosa (Editorial Galaxia)Pandemias.

Narrativa
'O cervo e a sombra', de Diego Ameixeiras (Edicións Xerais de Galicia)

Infantil
'Neko', de Eva Mejuto (ilustrado por Bea Gregores) (Oqueleo)

Xuvenil
'santoamaro', de Antonio Manuel Fraga (Edicións Xerais de Galicia)

Libro ilustrado
'A Coruña', por David Pintor (Kalandraka Editora)

Banda deseñada, gráfico e humor
'Aldara. A lenda do cervo branco', de Inés Vázquez (Demo Editorial)

Iniciativa bibliográfica
Colección Chave Mestra, VV. AA. (aCentral Folque)

Obra traducida
'Canto eu e a montaña baila', de Irene Solá. Tradución de María Alonso Seisdedos (Kalandraka Editora)

Poesía
'O que fica fóra', de Manuel Rivas (Apiario)

Teatro
'As desterradas', de Carme Varela (Edicións Xerais de Galicia / Xunta de Galicia)

Libro mellor editado
'O que fica fóra', de Manuel Rivas (Apiario)

PREMIOS A TRAXECTORIAS

Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Poetas Di(n)versos, por Yolanda Castaño

Proxecto literario na rede
O Arquivo das Trasnas (Instagram), VV. AA.

Xornalismo cultural
Belén Regueira