Paseniñamente, a industria cinematográfica
vaise asentando segundo vai acadando popularidade.
O cine nos primeiros anos do cinema estaba confinado
en barracas e pavillóns ambulantes ou en sesións
esporádicas en teatros. Pouco a pouco foron
aparecendo os primeiros salóns estables: o
Circo Coruñés, o Pavillón Lino
e o Salón París na Coruña, o
Tamberlick, o Royalty e o Pinacho en Vigo,... Un espectáculo
con prezos módicos que rapidamente converteuse
no perfecto entretenemento da sociedade. Un público
entusiasmado que convertía as estreas, de importantes
filmes estranxeiros como Quo Vadis ou Cabiria
ou os longos seriais (do oeste, de policiais, comedias...),
en verdadeiros acontecementos.
Nos
anos 20 chegou a crise do teatro e con isto o reforzamento
da industria cinematográfica, incrementándose
o número de salas nas cidades e nas vilas galegas.
A parte de entreter e ser a maior opción de
ocio, o cinematógrafo tamén desprega
a súa compoñente informativa coa proliferación
dos documentais e os noticiarios. Neste campo destacan
os realizadores galegos do momento sendo os máis
sinalables as figuras de José Gil ou
Enrique Barreiro. Unhas películas que
na maioría eran curtametraxes que encabezaban
as sesións cinematográficas. Tamén
o xénero documental foi a ferramenta base que
se utilizou para constituír o "cinema
da emigración", unhas imaxes epistolares
que intercambiaban os galegos das dúas beiras
do Atlántico.
O cine mudo sobrevirá
ata mediados da década dos anos 30 xa que a
adecuación as novas esixencias técnicas
do cine sonoro ían devagar.
4.1 JOSÉ GIL
Biografía
Naceu no lugar Rubiás, no concello de As Neves,
na provincia de Pontevedra, o 3 de Abril de 1870.
José Gil é, sen dúbida, a figura
máis importante do cinema en Galicia do primeiro
tercio do século XX, debido ó elevado
número de obras que realizou e polo carácter
documental das súas películas que supoñen
unha das mellores fontes para coñecer a Galicia
desa época. En 1903 xa estaba instalado na
cidade de Vigo onde era un reputado fotógrafo
que facía exposicións de fotografías
e tamén fixo funcións de corresponsal
fotográfico de xornais. En 1907 utiliza o espectáculo
cinematográfico para dar a coñecer os
seus traballos fotográficos. En 1910 dá
o paso e comeza a súa actividade cinematográfica.
A partir de 1914 combina o traballo no cine e na fotografía
co negocio automovilístico xa que el era o
representante de Ford en Galicia. En 1915 intenta
materializar a súas arelas de realizar un filme
de ficción, conseguíndoo con Miss Ledya.
Un filme anecdótico na súa filmografía
xa que el centrarase na demanda das películas
para a emigración, nas publicitarias e nos
noticieiros. Para tal efecto, fundou en 1922 a súa
productora "Galicia Cinematográfica".
En 1929 crea a Revista de Galicia un noticiario que
os seus capítulos circulaban polas salas galegas.
A actividade da súa productora remata en 1935,
dous anos antes de que José Gil finara.
Filmografía
Consérvanse varios títulos que foron
restaurados polo CGAI. O listado que lle ofrecemos
neste apartado só se contabilizaron os títulos
que viñan referidos na prensa da época.
Segundo estimacións, pénsase que José
Gil fixo máis de 150 películas. Cabalgata anunciadora de las fiestas de Vigo (1910)
Concierto de la Banda Municipal de Madrid (1910)
Concurso hípico en Vigo (1910)
La excursión viguesa a Santiago, Lérez
y La Toja (1910)
Manifestación anticlerical (1910)
Regatas en Vigo (1910)
Salida del "Wolverini" (1910)
Llegada de la excursión portuguesa a Vigo (1910)
Tercera sesión del concurso hípico (1910)
La procesión cívica (1910)
Colocación de la primera piedra del monumento
a Curros Enríquez (1910)
La Ribera del Berbés (1910)
La Fiesta de la Poesía (1910)
La patria de Colón (1910)
La emigración en los puertos gallegos (1911)
Escuelas del Valle Miñor (1912)
Las estancias de las escuadras del Atlántico
y del Mediterráneo en Vigo (1911)
La excursión viguesa a Pontesampaio (1911)
Botadura del "España" (1911)
La jinkana automovilista (1912)
Concurso hípico (1912)
La fuga de Llanderas (1914)
Miss Ledya (1916)
El "Syboney" embarrancado en la Ría
de Vigo (1919)
Match entre el Arenas y el Vigo (1919)
Fiesta de de los Caneiros (1919)
Nuestras fiestas del más allá (1928)
Galicia y sus Reyes (1927)
Inauguración de las Colonias Escolares de la
Caja de Ahorros (1930)
Revista de Vigo (1930)
Las Bellezas de Galicia (1931)
Galicia y Buenos Aires (1931)
Galicia y sus balnearios (1931)
Homenaje a Bar en Balaídos (1931)
Llegada a Vigo del Trasatlántico "Atlantique"
(1931)
Notas industriales y comerciales de Vigo (1932)
Noticiarios do nº 7 ó nº 10 (1932)
Bouzas (1932)
Panoramas de Santa Tecla (1932)
Canido y sus alrededores (19329
Semana Portuguesa en Vigo (1932)
Tuy (1932)
La factoría Albo y la pesca (1934)
La península do Morrazo (1935)
Fragmentos
O Centro Galego de Artes da Imaxe leva restaurado
polo de agora as seguintes películas de José
Gil:
Ficción Miss Ledya (1916)
Documentais Imaxes de Vigo e alrededores (1925)
Nuestras fiestas de allá (1928)
Galicia y Buenos Aires (1931)
Comentario da obra José Gil dotou ó seu cinema dunha
forte unidade documental diversificando nunha serie
de sub-xéneros como podían ser os noticieiros,
a publicidade e o cine de emigración.
Achegamentos a realidade na procura de saciar as demandas
do público da época, e polo tanto, fundamental
para soster unha industria tan feble. Pero as arelas
de José Gil ían máis aló,
en intentar cultivar a ficción, facer as chamadas
"películas de asuntos". Proxectos
que deixaron translucir as carencias e as limitacións
dos medios dispoñibles para este tipo de producción.
Primeiro foi La fuga de Llaneras, unha comedia
parecidas en estilo as películas do cómico
francés Max Linder, e por último intentouno
con Miss Ledya seguindo os esquemas dos seriais
de suspense, modelos fílmicos de grande aceptación
por parte do público.
Neste senso, Miss Leyda
é a película máis conseguida
e conta a historia das preocupacións dunha
rica herdeira norteamericana en desbarretar as intencións
anarquistas de asasinar o rei de Suevia, de vacacións
na Toxa. Película que, no seu reducido metraxe,
conta cunha excesiva condensación narrativa.
Nas secuencias da película abondan os exteriores,
realizadas nas localizacións das paisaxes da
ría de Pontevedra. Como curiosidade pódese
ver a un mozo Castelao, cunha arma na man, interpretando
o papel dun facinoroso anarquista. As críticas
nos xornais da época sinalaban:
La impresión de la película
está muy bien hecha y demuestra lo que podría
hacerse aquí, de establecerse de una manera
definitiva la industria cinematográfica.
Faro de Vigo, 16-V-1916
Comentarios de prensa José Gil ha enviado más de dos mil
metros de cinta cinematográfica (...). Estamos
seguros que nuestros paisanos residentes en La Habana
acogerán con gran entusiasmo esta prueba de
patriotismo que un gallego desde Vigo les manda... Faro de Vigo, 3-III-1912
Me gasto un dineral en películas.
Son de ambiente y asuntos regionales: Quiero que a
los gallegos emigrados del terruño les llegue
una impresión directa, mejor que un libro y
la revista, que les dé una sensación
de realidad...
Faro de Vigo, 10-VIII-1913
Llevar a España la joven
Galicia de América, ante nuestros padres y
hermanos, vecinos y parientes con todo lo que constituye
el haber de nuestra fuerza dinámica, el fruto
sacrosanto de nuestras luchas y de nuestros afanes.
Boletín del Centro Gallego, Buenos Aires, 31-X-1923
Bibliografía
CASTRO DE PAZ, J. L.; "A chegada do cine a Galicia
e as primitivas fórmulas de exhibición
(1896-1908)". CASTRO DE PAZ, J. L.; Historia
do cine en Galicia. Vía Láctea,
Oleiros, 1996.
GONZÁLEZ, Manuel; Cine restaurado. Xunta
de Galicia, A Coruña, 2000.
FOLGAR DE LA CALLE, José María; Aproximación
a la historia del espectáculo cinematográfico
en Galicia (1896-1920). Universidade de Santiago
de Compostela, 1992.
FOLGAR DE LA CALLE, J Mª; "O cine silencioso
en Galicia ata aparición do sonoro".CASTRO
DE PAZ, J. L.; Historia do cine en Galicia.
Vía Láctea, Oleiros, 1996.
NOGUEIRA, Xosé; O cine en Galicia. A
Nosa Terra, Vigo, 1997.
4.2 ENRIQUE BARREIRO
Biografía Juan Enrique Barreiro Vázquez naceu en
Castromuño, na provincia de Valladolid no ano
1899. Fillo dun fotógrafo pontevedrés
de grande sona, traballou no estudio familiar dedicándose
a investigación e ó perfeccionamento
do material fotográfico. Nesta incansable actividade
experimental orientouse en estudiar a posibilidade
de engadir son e cor ó cinema. En 1925 inscribe
a patente do Cinecromo. Arredor de 1927, coa axuda
do seu irmán Ramón, comeza a facer cinema.
Catro anos despois funda a productora "Folk",
coa que realizará un noticiario periódico.
Coa chegada da República fixo unha película
cunha forte compoñente ideolóxica en
prol do Estatuto de Autonomía. En 1935, por
problemas económicos, deixa de facer cine en
Galicia, trasladándose a Madrid. Durante a
posguerra estivo encarcerado na illa de San Simón
e despois non puido seguir coas súas investigacións
e non se lle foi recoñecido os seus logros.
Finou en Pontevedra en 1984.
O seu irmán,
Ramón Barreiro, mantívose relacionado
co cine durante a dictadura facendo unha serie de
documentais e películas comercias de pouca
transcendencia.
Filmografía
Como director: Pontevedra, cuna de Colón (1927)
Noticiario nº 1 (1932)
Por unha nova Galicia/ Hacia una nueva Galicia (1933)
Noticiario comercial (1933)
Excursión estudiantil por el norte de España
(1933)
Fiestas en Ourense (1933)
Noticiario Comercial sonoro (1934)
El Seminario de Estudios Gallegos en Deza (1934)
El Día de Orense en Pontevedra (1935)
La Escuela Nacional del Trabajo en Pontevedra (1935)
Como director de fotografía: Madrid heroico (1936)
Fragmentos
Non se conserva de ningunha película.
Comentarios
de prensa
Opinión de Enrique Barreiro sobre o cine galego: Ahora bien, ¿Cómo conseguir cimentar
solidamente nuestra futura producción? Muy
sencillo: empezando, hoy mismo, a producir, no importa
que clase de "cine", no importa el asunto,
cuanto más simple mejor; tras la practica diaria,
viene pronto la perfección, y después
sigue el estilo.
El Pueblo Gallego ??-VIII-1932
Comentario
sobre a película Por unha nova Galicia (1933).
E´unha fita de propaganda patriótica
mais que políteca, na qu´a vida rural,
a vida urbán e os diferentes aspectos da renacencia
galega, enfíase no guieiro d´un sinxelo
razoamento, d´un alegato a prol da nosa liberdade
colectiva
Revista Nós, nº 115, 25-7-1933
Valoracións
Comentarios de Carlos L. Piñeiro na homenaxe
que se lle fixo en Pontevedra durante a primeira edición
do "Festival das minorías" en febreiro
do 2002: A súa figura foi a dun quixote que montado
nos febles lombos do rocinante do seu modesto estudio
fotográfico saíu á procura dunha
dulcinea tan esquiva como a cor no cine.
Era unha
excepción no galeguismo. Lois Peña Nova
editorializou sobre a necesidade de expresarse no
mundo audiovisual pero non era inquedanza que prendese
nos intelectuais de aquel tempo. Enrique Barreiro
tiña clara a súa relevancia.
Bibliografía
FOLGAR DE LA CALLE, J. Mª; "O cine silencioso
en Galicia ata aparición do sonoro". CASTRO
DE PAZ, J. L.; Historia do cine en Galicia.
Vía Láctea, Oleiros, 1996.
NOGUEIRA, Xosé; O cine en Galicia. A
Nosa Terra, Vigo, 1997.
PIÑEIRO, Carlos L.; Enrique Barreiro, cineasta
e inventor. Concello de Pontevedra, 2002.
4.3 OUTROS
Durante o cinema mudo en Galicia houbo moitas personalidades
que intentaron construir os alicerces dunha industria.
Obxectivo que se conseguiu, sobor de todo, no campo
da exhibición onde destacaron as figuras de
Isaac Fraga, Lino Pérez ou Isidro Pinacho ou
Eduardo Villardefrancos, persoeiros que promoveron
a construcción de salas fixas. Villardefrancos
tamén combinou a súa faceta de empresario
co de operador. Outros manexáronse con espectáculos
provisionais e itinerantes, un circuíto de
exhibición onde chegaban xente de fóra
como J. Pradera, rodando varias películas
durante a súa estadía en Galicia. Estás
películas ilustraban o que o historiador Julio
Perucha denomina como "interminable pioneirismo".
4.3.1 EDUARDO VILLARDEFRANCOS Biografía
Eduardo Villardefrancos combinou a súa faceta
de propietario do Salón París co labor
de operador de cine, impresionando películas
que tiñan como tema principal, acontecementos
da vida social a cidade herculina.
Filmografía La Semana Santa en La Coruña (1911)
Torneo de foot-ball (1911)
Llegada y salida del tren de La Tribuna (1912)
Botadura del España (1912)
Concurso hípico de La Coruña (1912)
Inauguración de la estatua de Linares Rivas
(1912)
Tiro de pichón (1912)
Cabalgata anunciadora (1912)
Jura de Bandera (1913)
Botadura del Alfonso XII (1913)
El año santo en Compostela (1915)
Comentarios de prensa Si a esto se añade que prodiga con generosa
mano la variación de las películas es
de augurarle que muy en breve podamos llegar a tener
que darle el magestuoso (sic) título de "rey
de los cines".
La Voz de Galicia 17-VII-1908
4.3.2 J. PRADERA Biografía
Empresario que naceu en Valladolid. En 1906 instálase
na Coruña o Pavillón Pradera situado
nas proximidades do Cantón. Unha barraca itinerante
que percorreu outras cidades importantes de Galicia
como poden ser: Vigo, Santiago e Ferrol.
Filmografía La salida de la iglesia de los jesuitas (1905)
Panorama del Cantón (1905)
Obelisco y estatua de Carballo (1905)
Cabalgata alegórica de las últimas fiestas
de La Coruña (1906)
Sesión de patines en La Coruña (1906)
Vista de La Coruña (1906)
Embarque de la tuna compostelana/ La tuna compostelana
embarcado en el Mosquito (1906)
4.3.3 OUTROS PROXECTOS
Tamén se debe ter en conta, as novas de varios
filmes bastante ambiciosos:
- Un viaje por Galicia (1929), Luis
Rodríguez Alonso (película restaurada
polo CGAI).
En 1929 debido a Exposición Iberoamericana
celebrada en Sevilla, as catro Deputacións
galegas involucráronse no proxecto de realizar
un filme sobre Galicia enfocada a ser un valioso material
de propaganda turística. Este ambicioso proxecto
caeu en mans foráneas, no palentino Luís
Rodríguez Alonso que realizará xa Viaje
a través de Galicia y Asturias. Decisión
que ocasionou unha grande indignación en José
Gil, xa que el presentara un orzamento para a súa
realización, notablemente inferior. E así
laiábase o prexudicado nun artigo no Faro de
Vigo, do 12 de xullo de 1929:
El caso es que "Galicia
Cinematográfica" trabajadora, significada
por su seriedad y amor a Galicia con unos talleres
propios y a la par que solvente y tener empleados
muchos miles de pesetas a disposición de la
amada Galicia, todos procuran abandonar como al que
denodadamente y exponiéndolo todo se le olvide,
sustituyéndole por personas que ni son gallegas,
ni sienten a mor por Galicia. ¡Así se
explica por qué see migra, viendo como otros
ajenos nos suplantan!
- A traxedia de Xirobio
(1929), José Signo (restaurada fai pouco polo
CGAI).
A productora Vicus Film, dedicada á producción
documental, fixo unha tentativas de realizar unha
película de "argumentos e actores"
vigueses, tendo como modelo de referencia os filmes
da cinematografía rusa, con actores extraídos
dos ambientes nos que se situase a acción.
Foi dirixida por José Signo que adaptou para
a pantalla un relato de Castelao que aparece no seu
libro Cousas da vida.
Bibliografía
FOLGAR DE LA CALLE, J. Mª; "O cine silencioso
en Galicia ata a aparición do sonoro".
CASTRO DE PAZ, J. L.; Historia do cine en Galicia.
Vía Láctea, Oleiros, 1996.
NOGUEIRA, Xosé; O cine en Galicia. A Nosa
Terra, Vigo, 1997.
||| AVG ||| O soportal do Audiovisual Galego................{ culturagalega.org }