A idea de construír dunha Europa unida parécenos unha proposta relativamente moderna e que só tempo despois da II Guerra Mundial puido comezar a tomar forma. Se nos situamos nas coordenadas galegas, o illamento político do franquismo fixo que os ecos intelectuais destas ideas fosen moi afastados. No entanto, xa no primeiro terzo do século, no marco da Xeración Nós, existiu unha intensa e pouco coñecida ideoloxía europeísta que convivía co ideario nacionalista.
As conexións marítimas desde a Prehistoria. A integración no Imperio Romano. O Camiño de Santiago. Os viaxeiros de toda clase e condición que nos visitaron ao longo dos séculos. As influencias da Ilustración. Sen dúbida ningunha, o noso país debe considerarse tan europeo coma o que máis. No entanto, a miúdo ten prevalecido a imaxe dunha Galicia illada das correntes da historia e pouco preocupada polo ámbito continental. Agora, a mostra "Galicia, célula de universalidade, Europa e a Xeración Nós", organizada pola Xunta de Galicia, fai ata o vindeiro 15 de xullo, no Museo do Pobo Galego, un percorrido polas tendencias europeístas no noso país. Canda a isto, os diferentes actos que se celebraron con ocasión da Semana de Europa (do nove ao dezaseis de maio) incidiron en diferentes aspectos da nosa vocación continental. A proposta foi desenvolvida por Merlín Comunicación, firma da editorial Galaxia, e comisariada por Marcos Valcárcel e Afonso Vázquez-Monxardín. O deseño gráfico correu a cargo de Fausto Isorna.
Europa e Nós
De certo non foi ata o desenvolvemento político e ideolóxico do galeguismo cando se deu unha maior estruturación do europeísmo en Galicia. Canda á evolución ideolóxica, os grandes persoeiros da Xeración Nós (Castelao, Risco, Pedrayo) viviron un certo proceso de iluminación sobre o europeísmo e a súa relación con Galicia. Todos eles, tamén, fixeron cadansúa viaxe polo Vello Continente. Obras coma "Diario 1921" de Castelao, "Nós os inadaptados" e "Mitteleuropa" de Risco ou "Arredor de si" de Otero Pedrayo reflicten o xeito en que as experiencias europeas marcaron o galeguismo dos anos 30. A influencia europea pode verse de maneira continuada na revista "Nós", onde se prestaba atención de xeito periódico á produción literaria doutras culturas e mesmo se publicaban traducións para o galego. "Europa non ten para nó ren que nos adeprender. Somos Europa", resumía Otero Pedrayo. Esta tendencia europeísta veríase reflectida no soño, varias veces amosado polos galeguistas históricos, nomeadamente por Castelao, dunha Federación Europea na que as diferentes nacións estivesen representadas en igualdade.
Europeos no exilio
A tendencia europeísta mantívose no galeguismo posterior á guerra. No exilio o se principal valedor foi Plácido Castro. Voz galega na BBC cun programa que se prolongou durante nove anos, este xornalista, músico e escritor educado en Gran Bretaña representou Galicia en 1933 no IX Congreso das Nacionalidades Europeas. Ao longo da súa vida, desde súa ideoloxía demócrata e pacifista, avogou sempre por unha Galicia aberta ao continente e ao mundo en xeral. Esta aposta viuse referendada na práctica polo seu incansable labor de tradución e difusión, tanto da nosa cultura no exterior como á inversa.
O galeguismo de posguerra e Europa
Coetáneo de Plácido Castro, o galeguismo interior da posguerra tamén tiña unha certa vocación europeísta. Boa mostra disto poden ser as colaboracións radiofónicas de persoeiros coma Del Riego ou Pedraio no programa inglés. A un nivel máis teórico, non hai dúbida de que o influínte pensamento de Ramón Piñeiro levaba unha importante carga de europeísmo. De feito, segundo teñen sinalado historiadores coma Xusto Beramendi ou Xosé Manuel Núñez Seixas, o ideal político desta ideoloxía era conseguir un federalismo europeo que integrase toda unha serie de "comunidades básicas" culturais. Para estes investigadores, as bases destas ideas estaban no federalismo humanista cristián que se desenvolvera no Vello Continente durante os anos trinta.
Europa hoxe
Moito máis recentemente, a nosa integración na Unión Europea supuxo unha necesaria e constante presenza da dimensión continental no noso pensamento. Ademais da influencia directa que a UE ten no noso país polas súas políticas en materias coma o agro, a pesca, a cultura ou a política enerxética, Europa está a se constituír nun elemento máis do noso imaxinario co que nos atopamos na nosa vida cotiá. Desde empregar a moeda común ata planificar viaxes ou organizar os nosos estudos e vidas profesionais, Europa está presente coma nunca. Aos poucos, a dimensión europea comeza a se integrar nas nosas mentes como algo real.
Descarga a exposición.As conexións marítimas desde a Prehistoria. A integración no Imperio Romano. O Camiño de Santiago. Os viaxeiros de toda clase e condición que nos visitaron ao longo dos séculos. As influencias da Ilustración. Sen dúbida ningunha, o noso país debe considerarse tan europeo coma o que máis. No entanto, a miúdo ten prevalecido a imaxe dunha Galicia illada das correntes da historia e pouco preocupada polo ámbito continental. Agora, a mostra "Galicia, célula de universalidade, Europa e a Xeración Nós", organizada pola Xunta de Galicia, fai ata o vindeiro 15 de xullo, no Museo do Pobo Galego, un percorrido polas tendencias europeístas no noso país. Canda a isto, os diferentes actos que se celebraron con ocasión da Semana de Europa (do nove ao dezaseis de maio) incidiron en diferentes aspectos da nosa vocación continental. A proposta foi desenvolvida por Merlín Comunicación, firma da editorial Galaxia, e comisariada por Marcos Valcárcel e Afonso Vázquez-Monxardín. O deseño gráfico correu a cargo de Fausto Isorna.
Europa e Nós
De certo non foi ata o desenvolvemento político e ideolóxico do galeguismo cando se deu unha maior estruturación do europeísmo en Galicia. Canda á evolución ideolóxica, os grandes persoeiros da Xeración Nós (Castelao, Risco, Pedrayo) viviron un certo proceso de iluminación sobre o europeísmo e a súa relación con Galicia. Todos eles, tamén, fixeron cadansúa viaxe polo Vello Continente. Obras coma "Diario 1921" de Castelao, "Nós os inadaptados" e "Mitteleuropa" de Risco ou "Arredor de si" de Otero Pedrayo reflicten o xeito en que as experiencias europeas marcaron o galeguismo dos anos 30. A influencia europea pode verse de maneira continuada na revista "Nós", onde se prestaba atención de xeito periódico á produción literaria doutras culturas e mesmo se publicaban traducións para o galego. "Europa non ten para nó ren que nos adeprender. Somos Europa", resumía Otero Pedrayo. Esta tendencia europeísta veríase reflectida no soño, varias veces amosado polos galeguistas históricos, nomeadamente por Castelao, dunha Federación Europea na que as diferentes nacións estivesen representadas en igualdade.
Europeos no exilio
A tendencia europeísta mantívose no galeguismo posterior á guerra. No exilio o se principal valedor foi Plácido Castro. Voz galega na BBC cun programa que se prolongou durante nove anos, este xornalista, músico e escritor educado en Gran Bretaña representou Galicia en 1933 no IX Congreso das Nacionalidades Europeas. Ao longo da súa vida, desde súa ideoloxía demócrata e pacifista, avogou sempre por unha Galicia aberta ao continente e ao mundo en xeral. Esta aposta viuse referendada na práctica polo seu incansable labor de tradución e difusión, tanto da nosa cultura no exterior como á inversa.
O galeguismo de posguerra e Europa
Coetáneo de Plácido Castro, o galeguismo interior da posguerra tamén tiña unha certa vocación europeísta. Boa mostra disto poden ser as colaboracións radiofónicas de persoeiros coma Del Riego ou Pedraio no programa inglés. A un nivel máis teórico, non hai dúbida de que o influínte pensamento de Ramón Piñeiro levaba unha importante carga de europeísmo. De feito, segundo teñen sinalado historiadores coma Xusto Beramendi ou Xosé Manuel Núñez Seixas, o ideal político desta ideoloxía era conseguir un federalismo europeo que integrase toda unha serie de "comunidades básicas" culturais. Para estes investigadores, as bases destas ideas estaban no federalismo humanista cristián que se desenvolvera no Vello Continente durante os anos trinta.
Europa hoxe
Moito máis recentemente, a nosa integración na Unión Europea supuxo unha necesaria e constante presenza da dimensión continental no noso pensamento. Ademais da influencia directa que a UE ten no noso país polas súas políticas en materias coma o agro, a pesca, a cultura ou a política enerxética, Europa está a se constituír nun elemento máis do noso imaxinario co que nos atopamos na nosa vida cotiá. Desde empregar a moeda común ata planificar viaxes ou organizar os nosos estudos e vidas profesionais, Europa está presente coma nunca. Aos poucos, a dimensión europea comeza a se integrar nas nosas mentes como algo real.
Galicia, célula de universalidade. Europa e a Xeración Nós
Esta exposición indaga nos vínculos e relacións entre Galicia e Europa ao longo da Historia, con especial atención ás olladas internacionalistas da Xeración Nós e o proceso de constitución da Unión Europea. Grazas á Fundación Otero Pedrayo e a Xunta de Galicia, ofrecemos a posibilidade de descargar a exposición completa.
Trátase dun material de primeira orde para coñecer o feito europeo en Galicia e idóneo como material educativo. Unha produción de Merlín Comunicación, empresa da Editorial Galaxia, e comisariada por Afonso Vázquez-Monxardín e Marcos Valcárcel, dentro das actividades da Semana de Europa promovidas pola Xunta de Galicia. Créditos da exposición:
COMISARIOS
Marcos Valcárcel
Afonso Vázquez-Monxardín
COORDINACIÓN XERAL
Gustavo Adolfo Garrido
DESEÑO E DIRECCIÓN ARTÍSTICA
Fausto C. Isorna
FOTOGRAFÍAS
Arquivo Comunidade Europea
Arquivo Galaxia
Manuel Vicente
PRODUCIÓN
Xosé Manuel Soutullo
Teresa Rodríguez
Alba Pernas
COMUNICACIÓN
Paula García Márquez