A música de Engado, o espectáculo co que a Nova Galega de Danza (NGD) está a percorrer o paÃs, sairá a venda o vindeiro dÃa 14 de maio editada por Falcatruada e distribuÃda por Lonxa Cultural. Trátase de propostas onde a contemporaneidade bebe das raÃces da música tradicional e do folk para desenvolver un estilo propio e definido. A equipa musical de NGD está encabezada por Xosé Lois Romero, e conta entre os seus integrantes con Pedro Lamas, Xavier DÃaz, ou Suso Iglesias. Tamén está previsto que Falcatruada reedite Alento, un disco de Xosé Lois Romero que desapareceu das tendas hai un ano, e que acompañou a anterior xira de NGD acadando o V Premio Opinión ao mellor disco de 2005.