O uso da lingua e o nivel da literatura galega a análise no sistema educativo

Do colexio á universidade

Tanto en Galicia como en Madrid, o uso do galego é motivo de análise. Aquí porque o Consello Escolar de Galicia acaba de ofrecer algúns dos datos que advirten do escaso uso da lingua nos centros de Primaria. Unha situación que, segundo se desprende dun informe que darán a coñecer de xeito completo en breve, é máis acusado, se cómpre, nos centros privados. E en Madrid, a Universidade Complutense acaba de botar a andar o I Ciclo de Conferencias sobre Lingua e Literatura Galega en Madrid.

Os colexios



O órgano educativo do Consello Escolar presentará ó longo deste mes un informe que pretende dar conta do nivel e das situacións dos centros en Galicia. E aínda que todavía non se coñece o contido completo dese documento, vaise tendo información a contagotas. E unha desas cousas que xa se saben é que o estudio, que foi realizado por estudiantes de Ciencias da Educación, destaca unha diferencia no uso do galego entre os colexios públicos e privados. E iso implica a necesidade de revisar se os centros de titularidade privada se axustan a cumplir a normativa, a mesma que fixa o número de horas lectivas (e por materias) que se han de impartir en lingua galega.
Este informe xorde no marco do convenio suscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela, o Consello Escolar de Galicia e que lle foi proposto ó Instituto de Ciencias da Educación (ICE) que pretende detectar os principais problemas, vezos, defectos ou virtudes do Enisno Primario.












A Universidade


Onte na sala B-14 do edificio B da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade Complutense de Madrid, tivo lugar o inicio do I Ciclo de Conferencias sobre Lingua e Literatura Galega en Madrid. Un evento que organiza o departamento de filoloxía románica da Facultade de Filoloxía e que comezou cunha conferencia que ofreceu Carme Villarino Pardo, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e que se titulou "O imaxinario galego en escritores que non pertencen ó sistema literario galego".
Así, de luns e luns, o panorama da literatura galega estará máis vivo que nunca en Madrid. O programa, que ofrece o Canal Madrid de Vieiros é o seguinte
- luns 15: "A situación actual da lingua galega" a cargo da profesora Montserrat Recalde.
-luns 22: A profesroa e poeta Maria Xesús Nogueira Pereira da Universidade de Santiago falará sobre "A poesía galega actual".
- e pecha o ciclo Xabier Campos Villar, profesor de lingua de liteartura galega con "A narrativa galega actual".
Un ciclo que se desenvolverá todos os luns ás 13:00 no mesmo lugar.