Os concellos son as administracións máis próximas ao cidadán por iso, nos últimos anos emerxeron como os verdadeiros axentes culturais. Ao seu lado, cada día que pasa evidénciase que os recursos públicos son insuficientes para afrontar os diferentes proxectos. O capital privado ten moito que dicir na xestión cultural e as fórmulas son cada vez máis diversas. Consorcios, fundacións, convenios... a cultura tamén ten fórmulas.
Xan Bouzada, director do Observatorio Cultural Galego e experto en xestión cultural explica que as políticas culturais naceron coma un cometido das nacións. Constituiron ferramentas para reforzar as identidades nacionais e o sentido simbólico de pertenza dos cidadáns en momentos nos que os factores tradicionais de religamento empezaron a evidenciar carencias fronte aos novos valores da modernidade. As políticas culturais tomaron corpo nos Estados nacionais dos países occidentais sobre de todo a partir de mediados do século pasado. Algúns coma España na Segunda República foron auténticos pioneiros, logo Inglaterra, Francia e Estados Unidos estableceron estratexias diferenciadas para implantar políticas específicas no eido cultural.
Bouzada recoñece que agora mesmo estamos inmersos nun dobre proceso. Dunha banda a importancia crecente dos concellos como axentes culturais e, da outra, a implicación de sectores privados. Neste momento, asegura Bouzada, podemos afirmar que a municipalización da cultura, a emerxencia das vilas e cidades coma actores culturais, constitúe unha das tendencias evolutivas máis claras a este nivel do proceso de diversificación político-cultural. A segunda fase pasa pola implicación de capital privado na xestión da política cultural. Xan Bouzada explica ao respecto que as políticas culturais nunca como ata agora teñen sido tan apoiadas e estimuladas porque nunca coma agora tiveron unha potencialidade económica comparable nin un rol tan estratéxico na promoción do desenvolvemento social. Tal é así que as mesmas recomendacións ao respecto por parte dos expertos da Unión Europea promoven a inclusión dos contidos político-culturais dentro da axenda e os obxetivos centrais dos labores de goberno. Este protagonismo tense evidenciado con extrema claridade entre nós en políticas urbanas coma a de Barcelona cuxo plan estratéxico de cultura constitúe un exemplo excelente deste tipo de enfoques.
A administración
No panorama actual existen diferentes axentes culturais como distintos tipos de fórmulas que empregan para colaboraren e deseñar políticas culturais máis áxiles e extensas. Dunha banda están os axentes públicos que se diferencian polo tamaño da administración: estatal, autonómico e local. A administración estatal desenvolve actuacións a través do Ministerio de Cultura. Este ano achegará en Galicia un total de 13.2 millóns de euros en diferentes proxectos. Pero a Administración estatal desenvolve proxectos culturais a través doutras entidades: o Ministerio de Exterior a través da Axencia Española de Cooperación Internacional, da Fundación Carolina e da SEACEX (entidade creada para organizar actividades e congresos no estranxeiro) ou a cargo do 1% en materia cultural, do que se ten beneficiado a reforma do Castelo da Palma en Ferrol. Nun nivel intermedio, reforzado coa creación do Estado das Autonomías está a administración autonómica que organiza actividades culturais a través de diferentes departamentos, sendo o de Cultura o que concentra a maior parte das actividades pero non o único. Por último, nos últimos anos os concellos empezan a agromar con forza no panorama cultural ofrecen unha maior programación e exercendo un maior dinamismo. En parte pola tendencia responsable de que cada concello está a se dotar no seu organigrama dun técnico de cultura que permite o desenvolvemento de políticas culturais propias.
Os modelos
Os cartos públicos non sempre chegan e sucede entón que comezan a aparecer diferentes figuras que permitan o financiamento de proxectos culturais. O concello de Ferrol aprobaba a semana pasada a creación da Fundación Ría de Ferrol para xestionar o patrimonio da Ilustración da Cidade Departamental ademais do Teatro Jofre. Esta figura permitirá integrar no seu padroado a Corporación, a Consellaría de Cultura, os ministerios de Cultura e Defensa e a Autoridade Portuaria entre outras entidades. É un exemplo, pero hai moto máis: padroados de cultura como o que funciona en Lalín; Institutos de Cultura como os da Coruña (IMCE, Instituto Municipal Coruña Espectáculos que xestiona as actividades do Coliseum); Consorcios como os da Promoción da Música da Coruña (que é o que mantén á Orquestra Sinfónica de Galicia) e as fundacións, principal figura nas fórmulas de xestión cultural. De feito, o modelo de xestión para a Cidade da Cultura apuntado no Parlamento pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, ollaba cara o modelo de fundación de fundacións (a Fundación Cidade da Cultura como epicentro dunha tupida rede de fundacións autónomas para cada edificio). Xan Bouzada apunta que, probablemente o maior desafío de cooperación interinstitucional e co sector semipúblico e privado que temos no horizonte o constitúa hoxe o proxecto mesmo da cidade da cultura a cal sen dúbida require un esforzo imaxinativo adicional na procura dun marco organizacional e financeiro eficiente. Son organismos autónomos que pretenden garantir unha autonomía financeira e económica, moito máis áxil que o lento procedemento administrativo e que contan con pequenas variacións en función da entidade que o establece.
Ao lado das fundacións, existen outras figuras que, permitindo unir cartos públicos e privados deixa ben claro quen é o titular do proxecto. Son os convenios e os contratos. Fontes da Consellaría de Cultura apuntan cara a convenio como a fórmula empregada por este departamento. Estas mesmas fontes apuntan como exemplo o convenio asinado entre a Fundación Barrié, a Consellaría de Cultura e mais os responsables eclesiásticos da Catedral de Santiago para mellorar a Catedral de Santiago de cara ao Xacobeo 2010. Un convenio polo que a fundación achegará tres millóns de euros cos que se permitirá restaurar o Pórtico da Gloria e mais as bóvedas da Capela Maior.
Por último, existe un último modelo destinado á xestión cultural que cobra especial relevancia por ser especialmente novidoso: o concurso público. A deputación da Coruña sacou a concurso este verán a xestión do Teatro Colón e a programación cultural nesta provincia. Un concurso que a Deputación acabou adxudicando á Fundación Caixa Galicia que destinará 82.7 millóns de euros nos vindeiros catro anos.
O exemplo atípico de Caixa Galicia
A Fundación Caixa Galicia desenvolve un modelo de xestión cultural atípico, xa non só en Galicia, senón tamén no resto do Estado. A súa directora, Teresa Porto, explica que o noso obxectivo é dinamizar a cultura en Galicia e para iso empregamos todo tipo de fórmulas. De todos xeitos, non podemos esquecer que somos parte dunha obra social, aínda que a fundación é unha institución independente dentro da sociedade. Aínda así, o noso obxectivo é devolver á sociedade os cartos que deposita en Caixa Galicia pero en forma de cultura. Para iso temos dúas grandes liñas, dunha banda a programación propia e da outra a programación en colaboración. O seu orzamento distribúese equilibradamente entre ambas tendencias, aínda que a balanza inclínase timidamente cara a segunda (un 55% fronte a un 45%). Dentro das diferentes fórmulas que empregan, a directora da Fundación explica que depende, ás veces parte do concello e outra de nós, non existe un proxecto tipo que se poida aplicar a todos igual. En todo caso, o que queda claro é que desde hai dous anos apreciamos un cambio de tendencia con respecto ás pequenas administracións. Antes os concellos pedían cartos, mentres que agora o que piden é programación. Esta nova liña permite elaborar sinerxías, proxectos de colaboración, como pequenas xiras que abaratan os custes e permite deseñar unha programación máis forte. Temos claro que a unión fai a forza. En canto á fórmula na que se concreta esa axuda, Teresa recoñece un convenio porque legalmente é a máis axeitada aos fins da fundación e dos propios proxectos. O contrato é unha fórmula máis mercantil e quizais non se axusta tanto
Caixa Galicia patrocina programas de televisión de índole cultural (como Miraxes ou Libro Aberto na TVG), organiza programación propia (nas sedes que teñen salpicadas por toda Galicia), fai parte de fundacións de ámbito cultural dalgúns concellos e, ademais do xa apuntado desenvolve convenios coas diferentes administracións para organizar proxectos. Todo isto permítelles ter unha visión global da demanda e das actividades relativas a cultura que se fai no país. Teresa Porto asegura que a actividade musical é o máis demandado e dentro deste apartado o folk é o que máis seguidores ten. En canto á nosa actividade propia interesa moito o cine e, con cada vez maior demanda, actividades destinadas a un público infantil. Ademais, a directora da Fundación Caixa Galicia apunta que hai tres anos realizaron unha gran investigación de mercado co obxectivo de analizar a cultura en Galicia, testar o que había e o que faltaba. Un estudo que estamos a seguir para poñer en marcha.
Para o futuro, Teresa Porto asegura que seguiremos co equilibro entre programación propia e en colaboración, porque creo que se complementan e permiten contribuír a ofrecer unha cultura máis achega aos gustos de todos.