A Universidade Virtual galega xa ten a escritura de constitución

Prazos e sinaturas

Pouco a pouco o proxecto da Universidade Virtual Galega vai sendo unha realidade. O ano pasado a Deputación de Lugo deu a coñecer o proxecto, e esta fin de semana, o seu presidente, Francisco Cacharro, o conselleiro de Educación, celso Currás e o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, asinaron a escritura notarial que certifica a súa creación. E xa que falamos de Universidades xa se consegue o prazo tralos comicios do pasado martes, o gañador, Senén Barro, tomará posesión do seu cargo o vindeiro día 3 de xuño.

Universidade virtual

Na acta de escritura notarial de constitución da Fundación Universidade Virtual de Galicia, os tres promotores (Xunta, a través da Consellería de Educación, a Deputación de Lugo e Caixa Galicia) asentaron os principios e os piares nos que se centrará esta modalidade de universidade. Sen ofrecer datos concretos, o conselleiro de Educación avanzou que poderían dar cabiza ó ensino secundario, como bacharelato e formación profesional.
En función do prazos estimados por todas as entidades en botar a andar o primeiro proxecto destas características en Galicia, a Universidade Virtual boatará a andar en dous anos e terá sé en LUgo. En función dos proxectos estimados, o seguinte prazo será a elaboración do mapa de titulacións para levalo ó Consello Galego de Universidades. E desde aí ata a Xunta e a continuación a súa aprobación ó Parlamento Galego.
A Universidade Virtual Galega pretenderá diferenciarse da oferta formativa universitaria actual na potención de titulacións de segundo ciclo e as que esixan menos formación práctica, aínda que se poderán cursar estudios de calquera tipo. Polo demais, outra das súas bazas e puntos fortes serán os estudios de posgrado.
Polo demais, a Universidade Virtual de Galicia terá o hándicap de ter que loitar contra os baixos índices de conexión a internet que se dan aaquí, algo no que incideu o presidente de Galixa Galicia, que aínda así quixo destacar que se estbaan a producir cambios nos métodos de traballo de todos os sectores.
De momento, para a consolidación da futura Universidade Virtual de Galicia existe un presuposto inicial de 9015.18 euros e consolidado o padroado ( que será o órgano de goberno. Está integrado polos rerprsentantes das tres entidades participantes do seguinte xeito. É presidente de honra, D. Manuel Fraga Iribarne; presidente, Celso Currás, conselleiro de Educación, vicepresidente primeiro, Francisco Cacharro, e vicepresidente segundo un representante de CaixaGalicia. Haberá tres vocais que serán un de cada institución.












Calendario postelectoral


Aínda non temos os resultados definitivos das eleccións en Santiago. Non hai cambios no que afecta á elección do rector, que será Senén Barro, que tomará posesión do seu cargo o vindeiro día 3 de xuño. Un día que acaba de decidir a Comisión Electoral da Universidade de Santiago que acaba de modificar algúns prazos. E o motivo foi facer coincidir a proclamación definitivas de cada unha das eleccións. E co retraso da proclamación do candidato, o periódo de reclamacións estará aberto do 25 ó 30 de maio próxicmos. E entreo días 27 ó 30 poderase consultar a documentación electoral.
No que atendo ó Claustro, os datos oficiais, pero aínda provisionais, son 12 claustrais para Ficus, 8 para os CAF. Á espera da confirmación oficial dos resultados, os comicios do pasado mércores deixaron claras dúas tendencias. O retroceso na participación (que do 37% rexistrado nos últimos comicios pasouse ó 13,48% destas eleccións) e unha desigualdade na votación entre as dúas votacións realizadas. Isto quere dicir que os pocos que se achegaron as urnas a votar, fixérono máis para elexir rector e menos para escoller os seus claustrais. Nas votacións ó claustro dos 35.625 censados, exerceron o seu dereito 4.081 alumnos.