As festas que recrean os ataques de senllos dragóns ou bestas mÃticas ás vilas de Redondela e Monção serán un dos puntos máis apoiado no irmandamento entre estas dúas vilas. AÃnda que a relación transfronteiriza estableceuse hai xa dous anos, sera a paritr deste mes cando se inicien as actividades comúns. E outra festa que se verá reforzada é a da Dorna de Ribeira, que celebrará finalmente a súa quinquaxésimo cuarta edición gracias á mobilización popular acadada pola asociación organizadora.
As cocas
As localidades de Redondela e Monção proomocionará xuntas as súas respectivas festas da coca a partir da edición do 2003. Entre as actividades previstas para entón están a celebración dunha concentración de xigantes e cabezudos, outra de figuras de cocas tradicionais da PenÃnsula Ibérica, un certame internacional de curtametraxes e outro de danzas medievais. Tamén se pretende establecer un premio común ás asociacións que se esforzan por manter vivas as vellas tradicións festivas. Na mesma liña prténdese crear unha rede estable de celebracións históricas e etnográficas en Galicia e Portugal.
Polo de agora, para a edición das festas deste ano, o dÃa dous de xuño proxectarase en ámbolos dous concellos o documental "A Coca: mito ou realidade" que recolle as tradicións das dúas bandas da raia sobre este monstro. As figuras empregadas en cada unha das festas poderán verse no outro concello durante esa mesma xornada.
Estes actos encádranse dentro do irmandamento entre as dúas vilas que asinou hai dous anos pero que aÃnda non dera lugar a acordos concretos de colaboración. O pasado ano a Festa da Coca e Redondela acadou a categorÃa de Celebración de Interese TurÃstico.
A dorna salvada
A Festa da Dorna de Ribeira chegará finalmente á súa cincuenta e catro edición logo de que a asemblea de peñas e da Real e Ilustre ConfrarÃa da Dorna o pasado dezaoito de maio acadasen mobilizar á poboación de cara a organizar este evento.
A recén elexida directiva da ConfrarÃa da Dorna, encabezada por Eduardo Iglesias, pretende pór en marcha para o vindeiro mes de xullo a web oficial do evento, e estudia tamén publicar un pequeno diccionario coa xiria máis habitual na festa. Logo de manter xuntanzas co alcalde de Ribeira e co concelleiro de Cultura, o vindeiro sábado dÃa vintecinco de maio realizarase unha xuntanza de peñas para preparar propostas concretas de organización da festa. AsÃ, está previsto discutir a recuperación do Baile de Gala, substituÃdo nos últimos anos polo Juateque Dorneiro e instaurar a figura do pregoneiro. O dÃa un de xuño celebrarase unha nova asemblea de peñas nas qeu se pechará o programa da festa e se distribuirán as tarefas de organización.
A falta de participación por parte das peñas e dos hosteleiros de Ribeira foi a razón esgrimida pola anterior directiva da confrarÃa para presentar a súa dimisión, dado o perigo que corrÃa a celebración da festa.