A semana do 17 de maio non é unha exclusiva de Sarmiento. Ó longo de todo o paÃs sucédense nestes dÃas homenaxes a diferentes escritores, artistas e estudiosos. Por exemplo, o Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento lembrou durante esta fin de semana a figura do escritor Florencio Delgado Gurriarán e anunciou que o proporá coma candidato para a edición do DÃa das Letras do 2003. Mentres, no Bierzo vén de anunciarse unha homenaxe ó poeta galegófono Antonio Fernández y Morales, nacido en 1817. Finalmen, O Liceo e o Concello de Ourense realizarán varios actos na honra do pintor Ramón Parada Justel, nado hai cen anos.
Delgado Gurriarán
O director do Insituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, Eduardo Pardo de Guevara, anunciou que esta institución proporá ó poeta Florencio Delgado Gurriarán coma figura homenaxeada no DÃa das Letras do 2003.
Esta declaración realizouse con ocasión do I Congreso Peninsular sobre a Cultura do Viño que se celebrou esta fin de semana en Valdeorras. Durante este encontro, Pardo de Guevara glosou a figura deste escritor, nado en Valdeorras e que dedidcou unha parte considerable da súa producción poética ó viño.
O vindeiro ano fanse cen anos do nacemento de Florencio Delgado en Valdeorras, terra á que dedicou moitos dos seus traballos. Exiliado en México durante a Guerra Civil, faleceu en 1987 en California deixando unha ampla producción poética e traballos lexicográficos, traduccións e artigos en prensa.
Fernández y Morales
O poeta bercián Antonio Fernánez y Morales reciirá o vindeiro dÃa dezanove unha homenaxe en Cacabelos lembrando a súa importancia coma un dos primeiros autores en galego do século XIX.
Fernández y Morales naceu en Astorga en 1817 e morreu en Cacabelos en 1896. En 1862, un ano antes de editarense os "Cantares Gallegos" de RosalÃa Fernández y Morales publicou os "Ensayos Poéticos en dialecto berciano". Tamén en galego publicou diferentes poemas, que serán recompilados nun volume que editará en breve Edicións Positivas.
A homenaxe do dÃa dezanove inclúe unha ofrenda floral na tumba do escritor e unha lectura pública de poemas na que se agarda a participación de Xosé Luis Méndez FerrÃn, Antonio Pereira e Henrique Costas.
Parada Justel
Os cen anos do nacemento do pintor Parada Justel, que se cumpren hoxe mesmo, dÃa trece de maio, serán celebrados con diferentes actos polo Liceo e o Concello de Ourense. Os dÃas tres e catro de xuño a sección de Arte e Historia do Liceo de Ourense organizou unha conferencia, unha exposición e unha ofrenda floral na que se incluirá un recital poético. O Concello de Ourense, pola súa banda, sumarase a este homenaxe coa descuberta dunha placa conmemorativa na rúa que leva o nome do pintor.
Parada Justel morreu ós trinta e un anos de idade truncando unha carreira artÃstica que xa o levara a gañar o Certame Nacional de Belas Artes e a acadar unha bolsa da Deputación ourensá para estudiar en Roma. A súa pintura está fortemente influenciada polo impresionismo e a pintura historicista e escenográfica, e consérvase no Museo Arqueolóxico de Ourense e na Deputación.