Desde o “Xoia das Mariñas” do concello de Bergondo e ata o "Xanta e vaite" do de LalÃn hai centos de slogans que os municipios empregan para a súa promoción turÃstica. Lemas que buscan chamar a atención do público nun momento no que o turismo se converte nunha fonte nada desprezable de ingresos e que, ademais, nos achegan unha idea sobre os valores que consideramos máis vendibles ou desexables.
O vindeiro 31 de xaneiro comeza en Madrid FITUR, o evento turÃstico máis destacado do ano. Ata a capital do Estado se desprazan as principais touroperadoras e axencias de viaxe que buscan destinos turÃsticos que logo vender ao gran público. Os concellos galegos ultiman estes dÃas as propostas que presentarán, e tiran brillo ás frases coas que se definen e se venden neste mercado. José Manuel Merelles, xefe de prensa de Turgalicia, destaca que a “natureza e a cultura, conforman a principal oferta dos concellos galegos en FITUR, que, por outra parte, son os valores máis demandados, xunto coa tranquilidade e o descanso, polos turistas que visitan Galicia”.
O que vendemos
Hai que ter en conta que, tal e como conta Merelles, “a FITUR adoitan acudir os concellos que contan con recursos e produtos turÃsticos, fundamentalmente os costeiros, asà como as cidades galegas”. Por iso, unha das principais ideas a transmitir son os seus recursos naturais -praias e mar- mentres que nos concellos do interior destaca o seu patrimonio histórico artÃstico. “Cada cidade conta cun elemento orixinal e asÃ, por exemplo, Ourense centra a súa promoción turÃstica no termalismo” incide Merelles. En xeral, nestas lides, cada un vende o que ten, ou o que pensa ter, e faino como mellor pode. E, partindo destas premisas, non nos debe estrañar encontrarnos con todo tipo de propostas. Desde aqueles que desenvolven campañas especÃficas (podemos lembrar a coñecida "Fai coma o sol, veranea en Cangas") ata os que teñen un lema único co que venden a zona e todos os seus atractivos durante anos e en calquera contexto.
O lugar como un valor
Hai casos, coma o web de Burela, nos que encontramos que se salienta que hai un pouco de todo: "Terra mar e aire para disfrutar" é o lema que dá a benvida ao visitante.
Noutras ocasións é a localización da vila ou o que se emprega para nola presentar. Deste xeito, por exemplo, os folletos do Padroado de Turismo da Deputación de Pontevedra definen a comarca do Baixo Miño baixo o único lema "Entre o Miño e o Atlántico". Ao tempo, na do Morrazo destacan a súa posición "Entre dúas rÃas" e a de Caldas resúmese en "Do Ulla ao Umia". De xeito semellante, a localización xeográfica é aproveitada para nos falar de Quiroga "Porta de entrada ao Caurel" ou en Ribadeo, que tamén reclama condición de limiar co seu "Porta Norte". Non podemos esquecer nesta liña O Barco, "Porta de Galicia", lema rexistrado por un particular pero que tamén semella compartir Rubiá, segundo explica "La Región" no seu listado de Concellos de Galicia. A mudar de sÃmil arquitectónico temos A Coruña, "Balcón do Atlántico", e de certo que algún máis ha de andar por aÃ.
Lugares preciosos
A intención de expresar de xeito xeral a calidade e fermosura do lugar fai que non sexan estraños os lemas que comparan o lugar con pedras preciosas ou semellantes. As perlas semellan ter unha especial aceptación, xa que temos a "Perla de Arousa" que é VilagarcÃa e mais a "Perla das Mariñas", que é Sada. Claro que nesta última localidade non se conforman con isto, e reclaman tamén a condición de "Costa doce". A zona destaca pola abundancia de materiais preciosos, xa que ten ao carón Bergondo, "Xoia das Mariñas". Algo máis abaixo encontramos outra pedra: "Ribeira, xoia natural das RÃas Baixas".
Futuros e tradicións
En ocasións, máis do que ao turismo, os lemas dos concellos semellan dirixirse a hipotéticos habitantes ou inversores. O "Concello de futuro" que define Abegondo ou a frase "Un proxecto por construÃr" que acompaña Miño dan esta idea. Na mesma liña o Padroado RÃas Baixas bautizou cun "Tradición e modernidade" a comarca de Vigo nos seus folletos. Xogando á contra, cos atractivos que para o visitante poden ter os valores tradicionais, encontramos toda unha serie de lugares que aproveitan este recurso como reclamo. "Allariz: Cultura e tradición no tempo", o fermoso "Galicia coma sempre foi" de Chandrexa de Queixa ou "A tradición pervive", co que se anuncia A Estrada. Segundo explica Merelles desde Turgalicia, "Polo que respecta aos concellos do interior, estes adoitan promover os seus valores naturais, como a paisaxe. Entre os recursos que figuran nos concellos pequenos, ademais do Turismo Rural, comeza a observarse temas relacionados coa tradición e os xeitos de vida dos pobos, asà como museos relacionados coa etnografÃa”. Nesta mesma liña pódese encadrar a "Esencia de Galicia" coa que anuncian a comarca do Salnés desde a Deputación de Pontevedra ou o "Sabor a Galicia" de Meis.
Comida e patrimonio
Tamén tirando de tradicións aproveitan algúns lugares para venderse mediante a súa sona de boa e tradicional comida. "GastronomÃa e devoción" é o slogan con que a Deputación de Pontevedra vende a Comarca da Paradanta, e "ParaÃso do cocido" a definición que se lle aplica ao Deza. Algúns, coma Campolameiro "Capital da arte rupestre", vén no seu patrimonio a mellor baza para se dar a coñecer. Hai mesmo quen aproveita o refraneiro popular para destacar os seus atractivos. Aà está, por exemplo o mÃtico "Pontevedra é boa vila" ou o curioso "Xanta e vaite... e dous reais para o camiño" que se reproduce no web do Concello da Lama.
Natureza e universalidade
Outro dos grandes valores cos que queremos que nos identifiquen é, vistos os lemas cos que xogan moitos concellos, a natureza. "Concello do Vicedo: mar, montaña... natureza", "A veiga, paraÃso natural" "Boiro, cálido e natural" ou "Viana do Bolo, a maxia verde" son só algunhas das propostas que atopamos neste sentido. Quedan aÃnda outras propostas nas que se potencian valores máis ou menos universais, do tipo "O paraÃso existe" (Rianxo), "Non o esquecerás" (Monfero) "Toda unha cidade, todo un mundo" (Vigo), "Visite Cuntis, sorprenderase", "Un lugar no ceo" (de novo Viana) ou os lemas "Ourense é vida, vive Ourense" e "Con outra ollada" con que promociona a provincia a Deputación.
E os que quedan...
AÃnda existen lemas curiosos que non se adscriben a ningunha destas categorÃas. "¡Ribadavia, alma "diviña!", "Mergúllate en Bueu" ou "Pereiro de Aguiar:Un concello que vive" son algunhas das mostras que podemos encontrar nese sentido. Evidentemente quedan aÃnda un bo lote, non podemos esquecer que os 315 concellos galegos dan para moito á hora de inventiva publicitaria de todas as clases, e que, ademais de se promocionar, achégannos un curiosos retrato sobre o noso paÃs e os valores que máis apreciamos (ou os que pensamos que outros aprecian).