A Universidade da Coruña editará obras sobre o patrimonio musical galego

Música de libro

Recuperar a cultura musical do noso país é o obxectivo da nova etapa que emprende a Aula de Música da Universidade da Coruña. Segundo anunciou onte o vicerrector Luís Caparrós, esta entidade lanzará, canda ao Servizo de Publicacións, unha serie de obras dedicadas a este tema. O anuncio produciuse no marco das primeiras Xornadas de Divulgación do Patrimonio Musical Galego que organizou esta aula e que tiveron como eixe a ópera "Inés e Bianca", de Marcial del Adalid.

Máis información en El Ideal Gallego