A globalización cultural está aquí. Xa non abonda con ir incorporando a cada cultura as novidades técnicas ou estilísticas que vaian xurdindo. Hai que competir nun mercado de industrias globais, tirar o mellor de cada identidade, hibridarse e buscar fórmulas de todo tipo para manterse con vida ante as avalanchas de produtos que nos chegan das grandes metrópoles. E tentar non perder a identidade. Aproveitamos a publicación das actas dos encontros "Cultura e Novas Tecnoloxías" que se celebraron en 2004 no Consello da Cultura para asomarnos a estas complexas cuestións da man de Xan Bouzada.
"Hoxe dalgún xeito as políticas culturais teñen que estar relacionadas, ademais de cos seus obxectivos tradicionais de democratización da cultura e difusión das grandes obras, con ese feito relativamente novo do que é a globalización". Así de contundente se amosa Xan Bouzada, coordinador dos encontros anuais Cultura e Concellos e responsable do Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega. Para este investigador das políticas culturais, o proceso presenta dúas faces: "Por unha banda somos, cada vez máis, consumidores dunha cultura global. E ao tempo xorden novas oportunidades de acceso dos nosos produtos a esa cultura". Así, debemos pensar que o novo escenario non se centra só no movemento de produtos culturais, senón tamén no de persoas. É neste panorama que está a afianzarse con forza o concepto de turismo cultural. "Os grandes equipamentos culturais son tamén un pretexto para que masas de poboación se trasladen dun país a outro, cara a polos identificativos que poden ser tanto festivais de música como de teatro ou un centro coma o Pompidou ou o Guggenheim".
O mercado marca
"A dimensión do mercado é inevitable", sentencia Bouzada. "O desafío é que os valores que subxacen ás políticas culturais teñen que ser imprescindibles. Cumprindo cubrir gastos e financiar a cultura, debe haber tamén un alento ideolóxico para aspirar a unha cidadanía culta e a unha democracia cultural máis profunda". Velaí a encrucillada á que se enfrontan actualmente en todo o mundo. "Neste sentido todas as culturas teñen que facer un esforzo que supere o habitual, que sería actualizarse no propio territorio. Deben abrirse tamén cara a un diálogo con outros marcos identitarios e ámbitos culturais", explica este investigador. "A irrupción do mercado pode verse dun xeito un pouco caricaturesco en debates como o que houbo sobre a Cidade da Cultura", pon como exemplo. "Había quen dicía que non quería que fose un parque temático, e nese sentido non debe selo, pero si debe funcionar como un espazo de atracción", conclúe. En xeral, a exportación de produtos culturais e o conseguir situar a nosa cultura no ámbito internacional son pasos imprescindibles para manter a identidade. Ao tempo os conceptos de hibridación e mestizaxe cultural preséntanse como unha alternativa que moitos especialistas consideran inevitable.
O momento de saír fóra
"Pensando en Galicia estamos no momento en que hai que dar un paso alén. A industria non pode mirar só para dentro, senón tamén cara ao exterior", destaca Bouzada, que pon como exemplo máis desenvolvido neste sentido o sector editorial. "Pode ser un paradigma. Chegou ao tope de producir de cara á propia sociedade e ten que dar un paso a maiores". Esta tendencia non é só do noso país, xa que, segundo explica este investigador, tamén as políticas europeas están a se mover no sentido de primar a mobilidade dos produtos. "Na Unión Europea constataron que non é tan importante potenciar a produción como favorecer o intercambio entre os diferentes produtores. Non ten sentido que nos distribuidores a maior parte do cine que se vexa sexa norteamericano cando hai produción moi dignas e interesantes de Francia, Alemaña ou Italia."
Traballar para a casa
Evidentemente, non todo o que se produce neste tipo de industrias pode ser para a exportación. O mercado interior xoga un importante papel no desenvolvemento dunha cultura. "Se vemos os últimos datos de industrias culturais comprobamos que os grandes polos do audiovisual ou de libros son por unha banda Madrid e pola outra as Comunidades Históricas", explica Bouzada. "A nivel audiovisual, vese o efecto de ter unha televisión propia máis arraigada, que serviu de viveiro para esta industria". Non debemos esquecer, neste sentido, a importancia que as industrias deste tipo teñen de cara á creación dunha identidade propia. Este é precisamente o eixe sobre o que Bouzada afonda no seu artigo "Políticas culturais e procesos identitarios locais na sociedade globalizada", dispoñible nas xa citadas actas.
Políticas autonómicas e laboratorios locais
Á hora de valorar as políticas culturais que se están a desenvolver na actualidade no noso país, este analista destaca a vontade de diálogo do actual goberno da Xunta.
"O equipo actual está a fraguar unha interlocución coa sociedade e cos produtores culturais que ata o de agora non era moi fluída", sinala. "Antes había acertos nalgúns ámbitos, pero dábanse tamén moitísimas carencias", conclúe. De calquera xeito, lembra que "fai falta tamén unha capacidade estratéxica para pivotar sobre as demandas sectoriais e ter unha visión de conxunto". A nivel de cidades, un ámbito sobre o que Bouzada publicará en breve unha obra no Consello da Cultura, este autor destaca que son espazos onde "hai unhas posibilidades de ensaio sobre como partir da propia cultura local para acceder a formas culturais translocais. Nalgún momento o paradigma puido ser Vigo, e tamén Santiago está a facer cousas interesantes neste sentido. Outras optaron por modelos de democratización cultural onde se prestou menos atención ao factor identitario local. En casos coma A Coruña optouse máis por traer a grande cultura a Galicia no lugar de globalizar o interese da cultura galega".
Novas Tecnoloxías
Dentro deste panorama, as novas tecnoloxías están a desempeñar un papel destacado, tanto á hora de dar a coñecer as propias culturas minoritarias, como á hora da difusión do coñecemento e mesmo a producir mudanzas no xeito de consumo, como se está a ver no caso da industria discográfica. "A música resolveu o problema de redución da rendibilidade en base a recuperar os grandes recitais", explica Bouzada como un exemplo das adaptacións que esixe a nova situación. Para este autor non hai dúbida de que "as novas tecnoloxías son un fenómeno transversal, e cómpre que a cultura as aproveite e as integre". Ao tempo "deben ir acompañadas dunha vontade sociopolítica que converta o que é un medio inerte nun feito creativo". Un desafío a sumar a todos os demais. E é que desde os creadores aos programadores e os responsables políticos, cómpre máis que nunca ser conscientes da situación na que se encontra a cultura do país. A velocidade crecente á que mudan as plataformas e os xeitos de consumo esixen unha cultura en forma para responder a estes desafíos. A cuestión está na mesa.