Andan as tendas a rebordar na busca dos agasallos para a Noite de Reis e, recoñezámolo ou non, todos temos algunha arela que nos gustarÃa ver cumprida nesta data. Tamén persoeiros do mundo da cultura teñen as súas propias solicitudes aos monarcas orientais, uns desexos que poden darnos unha idea de cales poden ser as eivas dos diferentes sectores. Recollemos aquà algunhas cartas de reis, e vemos que hai unha certa coincidencia en pedir unha maior internacionalización da cultura.
AÃnda que nalgúns casos amosan unha certa dúbida á hora de qué pedir, en xeral a xente que se dedica a isto da cultura axiña encontran algo que achan de menos e que ó final acaba sendo unha necesidade destacada para a nosa cultura. Deste xeito, Manuel Bragado, por exemplo, apunta que é "moi difÃcil" facer unha petición, xa que ademais, segundo recoñece, "eu creo nos reis". Pero non o ten que pensar moito para facer a súa petición. "Para a cultura galega o que lle pido é un Plan Nacional de Lectura". Para este editor, tal proxecto debe "desenvolver o establecido na Lei do Libro e da Lectura, estar promovido polas administracións e contar coa participación da iniciativa privada". Postos a pedir, Bragado pensa que era bo solicitarlle aos reis que, a partir desta proposta, "a lectura se converta no eixe transversal das polÃticas culturais galegas, é o mellor que lle poderÃa pasar á nosa cultura". O director de Xerais sinala que non llelo está a pór tan complicado aos Reis Magos. "Non é este o agasallo máis difÃcil de conseguir, na medida en que hai unha aprobación por unanimidade no Parlamento da lei que establece este compromiso". O que xa ve máis difÃcil e que se cumpra de xeito inmediato o obxectivo que recolle esa lei: "conseguir unha autentica revolución lectora na sociedade que nos sitúe cando menos en Ãndices homologables ao resto das comunidades". Pero nunca se sabe, as capacidades dos Reis Magos son inmensas...
Modestia na novena arte
Con todo o camiño que resta por percorrer de cara á súa normalización como industria, é normal que no campo da banda deseñada non pidan tanto. Henrique Torreiro, incansable dinamizador este campo desde as Xornadas de BD de Ourense e colaborador do noso soportal dedicado a esta arte, ten claro o que pide na súa carta: "Que se vaia conseguindo un público lector de banda deseñada en Galicia e que as novas iniciativas que están a xurdir se poidan asentar e provoquen tamén que vaian saÃndo novas propostas tamén desde as editoriais". AÃnda que parece pouca cousa, e lle insinuamos se non quere pedir algún superventas para o noso cómic, Torreiro teno claro: "Iso xa é un desexo ambicioso. Estamos a pór os alicerces e logo o demais xa virá. Non me cabe dúbida de que chegará a haber algunha obra mestra, estamos a ter xa autores de peso, e con que a xente continúe a ter consciencia do que fai, das súas posibilidades e limitacións, iremos por bo camiño".
Música estable
AÃnda que xa levan algo máis de camiño feito, as encargas que teñen os reis no campo da música son semellantes. Sergio Lago, desde Falcatruada, lembra que "supoño que como todos os que nos dedicamos un pouco ao que é a música feita en Galicia, agardamos que se consolide todo o xermolo que xurdiu en 2006". Neste sentido inclúe cuestións coma "a maior visibilidade da xente que está a facer e a vender música e a aparición de determinadas empresas e iniciativas que se ven coma un xermolo do que se poderÃa chamar unha pequena industria musical". A raÃz disto, formula un pedido máis concreto, "agardemos que a música neste paÃs poida ser un traballo máis para calquera que se dedique ao sector". Tamén neste sector encontramos confianza no nivel dos cantantes e grupos galegos, "a nivel artÃstico está a tan bo nivel coma en calquera outro lugar do mundo", pero Lago ten poucas esperanzas de que haxa milagres e a situación mude de xeito inmediato. "Hai cousas que van custar moito", recoñece, "pero o grande obxectivo para nós é que este ano comecen a se facer realidade, que vaia habendo unha base no paÃs e, sobre todo, que se vaia mirando cara a fóra, que é onde está o futuro do sector". Esta última solicitude concorda coas reclamacións que, nos últimos dÃas, están a facer diferentes membros do sector de cara á necesidade de exportar as nosas producións.
AV Internacional
En xeral a necesidade de exportar semella ser un desexo recorrente en boa parte dos nosos sectores culturais. Manuel José Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual, tamén reclama a necesidade de entrar nos mercados foráneos. "Eu pedirÃa que se incrementase de xeito significativo a presenza internacional das producións audiovisuais galegas ou con participación galega. Que sexamos quen de ter unha presenza activa nos mercados internacionais con producións que, aÃnda que cunha mirada propia, sexan ben acollidas por outras culturas". Claro que as peticións de Fernández non son só para os Reis, e tamén lle fai un pedido que depende máis do propio sector que dos magos: "Que se xeneralice o interese por buscar outros mercados, experimentar cos novos formatos para cubrir un maior abano de públicos obxectivo...".
Desde a institución
Pola súa banda, desde Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, LuÃs Bará escreba a súa carta e coincide nas súas peticións con outras das persoas consultadas. Bará pide "que a cultura galega brille con luz propia en todo o mundo, transmitindo a imaxe dun paÃs dinámico, creativo e con identidade de seu. Que se poida despregar en toda a súa extensión o programa deseñado arredor do libro, considerado na súa dimensión cultural, social e económica. Que o teatro galego consolide os seus proxectos e emprenda novos camiños de futuro neste ano de celebración do 125 aniversario dos seus inicios. Que as artes plásticas e o audiovisual gañen novos espazos e públicos, con maior proxección dentro e fóra do paÃs.". Ademais, solicÃtalles aos reis algo de sorte para o desenvolvemento das novas iniciativas que emprende a ConsellarÃa, e adiántanos por onde van ir algunhas destas liñas. Neste sentido, pide "que se inicien con éxito as novas propostas e programacións relacionadas coa música, a danza, a maxia, os monicreques, o novo circo, a banda deseñada". En xeral, a súa carta remata a solicitar "Que consigamos entre todos afortalar o traballo do movemento asociativo cultural de base, como fonte permanente de actividade en todo territorio e garante da vitalidade e da pervivencia da cultura galega". Non é pouco.
Arte e resumo
Desde o campo da arte, Mauro Trastoy adianta un desexo que en boa medida resume todas estas arelas. "Aos Reis pÃdolles que a cultura galega en xeral sexa máis internacional en todos os sentidos, só con iso eu xa me conformarÃa". Por desgraza, este creador non pensa que esta desexo se realice en breve. "Penso que aÃnda vai haber que agardar moitas xeracións". Agardemos a ver, de calquera xeito. É sabido que os Reis Magos poden con todos. Os pedidos están feitos, a ver o que aparece finalmente nos zapatos.