A consolidación do Museo do Ferrocarril de Monforte segue adiante. Logo de ter rematado a restauración dun convoi completo, o proceso continúa mediante un obradoiro de emprego que se encargará de restaurar o antigo depósito de trens da estación para que albergue este centro. Outra rehabilitación que se vén de anunciar é a dun tramo do Camiño Portugués que transcorre polas rúas da zona vella de Pontevedra.
Un novo obradoiro
A ConsellerÃa de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude vén de conceder a organización dun novo obradoiro galego en Monforte dedicado ós traballos de rehabilitación do Museo do Ferrocarril. Este obradoiro, no que poderán participar ata oitenta persoas, supón "un pequeno recorte" con respecto á subvención solicitada polo Concello, segundo sinalou o alcalde, Nazario Pin. Sen embargo, o edil manifestou que os recursos serán suficientes para desenvolver o proxecto do Museo do Ferrocarril.
O anterior obradoiro dedicado a este fin desenvolveuse entre o ano 2000 e o 2001 e foi o responsable da restauración e posta en marcha do tren turÃstico Galaico Expreso, conformado exclusivamente con material ferroviario antigo.
As instalacións
O novo obradoiro de emprego ten como función restaurar o antigo depósito de tracción a vapor da estación. Esta instalación, construÃda a comezos do século XX consiste nun edificio semicircular con espacio para dezanove locomotoras ou vagóns. Desde cada un destes postos sae unha vÃa que enlaza coa chamada "praia", un foxo cunha ponte xiratoria que permite mudar o sentido dos vagóns e situalos nunha das corenta vÃas ás que dá acceso.
Os traballos previstos consistirán fundamentalmente na restauración da cuberta do edificio e o acondicionamento de acabados interiores e exteriores, instalando tamén sistemas de electricidade, auga e saneamento coa intención de final de que este espacio sex aa sede do Museo do Ferrocarril de Galicia.
Camiño portugués
O tramo do Camiño Portugués a Santiago que transcorre pola rúa Real de Pontevedra será rehabilitado en virtude da subvención de 180.000 euros achegada polo Ministerio de Fomento que se suma a unha cantidade igual aportada polo Concello. A rúa Real verá reposto o seu firme e todos os servicios de auga, luz, gas e telefonÃa, incluÃndo mesmo iluminación desde o chan e modificando o deseño das beirarrúas. Tamén e integra neste proxecto a reforma da praza da fonte dos Tornos.
O Concello de Pontevedra anunciou tamén que xa solicitou novas subvenciós á ConsellerÃa e ó Ministerio para acometer obras de recuperación da totalidade do tramo do Camiño Portugués que transcorre pola zona vella da cidade.