Cada vez son máis. Asociacións culturais, concellos ou grupos de veciños constitúen rutas a pé, a cabalo ou en coche para dar a coñecer os lugares máis destacados dunha zona ó tempo que pasea ó aire libre. Esta fin de semana coñecemos a creación dunha ruta das esculturas na cidade de Ourense, as experiencias da Asociación Vaipolorío co pontevedrés río Gafos e unha nova convocatoria dos roteiros "Fazendo memória histórica" que propón visitar as zonas de actividade guerrilleira antifranquista na zona do Bibei.
Ruta por Ourense
A cidade de Ourense contará en breve cun terceiro roteiro cultural que se sumará ós xa existentes da Esmorga e do cemiterio de San Francisco. Trátase do Roteiros de Esculturas Urbanas, unha guía que detalla todas as pezas de arte deste tipo existente na cidade e que propón tres percorridos para coñecelas ó tempo que se visitan as zonas máis emblemáticas do casco urbán.
Os posibles percorridos do roteiro están recollidos nunha guía que detalla as características das diferentes pezas que se poden ver e que inclúe fotografías das máis destacadas.
Os itinerarios propostos son o casco antigo da cidade, coas estatuas de Lamas Carvajas e de Curros Enríquez entre outras; o ensanche co Monumento ós Caídos de Asorey, a Maternidade de Acisclo Manzano ou a "Castañeira" de Xosé Cid, e finalmente un percorrido polo Parque Miño para coñecer as obras de Faílde, Xosé Cid ou Ramón Conde entre outros.
Os cinco mil exemplares da guía poden recollerse en oficinas de Turismo, locais de hostelería e na concellería de Cultura de xeito gratuíta.
Este roteiro súmase ós dous xa existentes na cidade. o Roteiro de "A esmorga" que percorre os lugares emblemáticos da obra de Eduardo Blanco Amor e o do cemiterio de San Francisco, no que se visitan as tumbas de destacados persoeiros da cidade.
Polo río abaixo
A asociación pontevedresa Vaipolorío, centrada en defender e coñecer o contorno do río Gafos, iniciou esta fin de semana as súas saídas por este cauce para coñecer polo miúdo a fauna que o habita. O primeiro paseo, celebrado o domingo, estivo dedicado a coñecer as aves da zona coa colaboración dun ornitólogo, e os vinte participantes identificaron nada menos que trinta e dúas especies en tres horas, ademais de descubrir unha lontra. Logos do paxaros, os vindeiros percorridos pretenden coñecer os insectos e as árbores e arbustos e os peixes que habitan a zona. Finalmente tamén se quere traballar cos máis vellos do lugar para recuperar o nome de lugares concretos do río.
O obxectivo último e chegar a editar guías nas que se recolla toda a riqueza ecolóxica deste río, moi deteriorado na parte do seu cauce que pasa por Pontevedra.
Paseo pola memoria
A Coordenadora Galega de Roteiros vén de convocar un novo itinerario por terras de Bibei e de Trevinca, visitando o parque natural Lago da Seabra e por Serra Calva na zona galegofalante de Zamora. Será entre o once e o doce de maio, e o roteiro inclúe a visita ós lugares de acción da guerrilla antifranquista por aquela zona ademais de enclaves naturais destacados. Así, está previsto a visita de covas nas que se refuxiaban os guerrilleiros e a posibilidade de visitar o lugra do morte de José Veiga Seoane "Ánimas". O percorrido farase en parte a pé e en parte en carro entre os días once e o doce de maio, e desde a Corodenadora xa están a anunciar novos roteiros relacionados coa nosa historia e o medio natural.