O feito de non ser polo momento a banda deseñada unha arte de difusión masiva dificulta moitas veces ter unha visión de conxunto de que se move neste ámbito no país. A miúdo descoñecemos cando podemos achegarnos a algún encontro ou ver unha exposición. Achegamos aquí unha pequena lista aberta, que agardamos ir renovando coa vosa colaboración, na que se inclúen as citas anuais imprescindibles para a BD.
Evidentemente, non está reunida neste calendario a totalidade do sector da banda deseñada do país. Debemos pensar que existen varias publicacións que xorden sen periodicidade fixa, álbums ou exposicións puntuais para as que non hai outro remedio que estar atento á actualidade de querer coñecelas (e o mellor lugar para iso son as nosas novas). A idea é que calquera dispoña dunha guía mínima pola que poder organizar un pouco o seu tempo tendo en conta as posibilidades que achega a banda deseñada en Galicia. O que achegamos aquí son unicamente aquelas propostas, tanto a nivel de encontros como certames e publicacións, que conseguiron polo momento unha certa estabilidade tanto no seu formato como nas datas da súa celebración. É ben posible que nos quedasen cousas fóra ou que as convocatorias poidan mudar de datas, agardamos poder contar cos lectores para irmos actualizando aos poucos este listado. Podedes enviar as vosas suxestións a redaccion@culturagalega.org
Débese ter en conta que, no caso das publicacións de álbums, a periodicidade non é fixa e correspóndese coas temporadas de lanzamentos editoriais, e poden variar moito dun ano para outro.

XANEIRO
Festivais foráneos: Angoulême
Considerado un dos festivais de BD máis importantes do mundo e, sen dúbida ningunha, principal de Europa, esta pequena cidade francesa reúne a comezos de cada ano os mellores autores do continente e aínda do exterior, e representantes de editoriais de todo o mundo.
Web do festival
FEBREIRO
Certames: Convocatoria Certame Castelao de Banda Deseñada
Este evento, creado pola Deputación da Coruña en 2005, está a se consolidar coma o principal certame galego nesta arte. Só se aceptan obras completas, da que a gañadora sairá á luz en formato álbum. O premio inclúe unha dotación económica de 6.500 euros, e o prazo de presentación adoita prolongarse ata maio.
Web dos premios da Deputación da Coruña
MARZO
Certames: Convocatoria Arteixo
Manténdose desde mediados dos anos noventa asociado ás xornadas desta localidade, o Certame de Cómic de Arteixo continúa en marcha sendo unha destacada mostra da canteira de creadores galegos de BD. Existen varias publicacións, en formato papel e electrónico a recompilar boa parte destes traballos.
Web do certame e das xornadas de Arteixo
ABRIL
Festivais galegos: Arteixo
Modesto pero constante festival, semella que nos últimos anos está a coller azos disposto a se manter como cita fundamental na BD durante a temporada de inverno-primavera. No evento pódese ver, de xeito habitual, unha mostra dos traballos que se presentaron ao certame local,

Certames: Convocatoria Moaña
Este concurso está destinado a escolares máis de seis anos e adultos de ata trinta, e cada ano premia obras temáticas sobre cuestións coma o respecto ao medio ambiente ou a contaminación acústica. Organizado co gallo dos actos do Día das Letras, é nesta data que se fai público o fallo.
O certame 2006 no Web do Concello de Moaña
Festivais foráneos: Saló del Còmic de Barcelona
Sen ningunha dúbida, a principal cita estatal no campo da banda deseñada. Editoriais, autores afeccionados, estrelas internacionais, librarías, distribuidoras... Todos se dan cita nun evento no que, desde hai uns cinco anos, a presenza galega é crecente. Ao se concentrar con esta ocasión boa parte dos lanzamentos editoriais de cada temporada, non é estraño encontrar presentacións de autores galegos e mesmo algún posto de fanzines. Dentro da vaga de novidades, para estas datas adoitan saír á rúa novos produtos da editora galega Faktoría K que se presentan na Cidade Condal.
Web do Saló
Publicacións: Barsowia
Voltada para a periodicidade semestral, neste mes ve a luz a primeira das dúas entregas que cada ano achega a publicación do colectivo Polaqia. Unha selección do melloriño dos nosos autores que está a dar guerra desde 2003 e que ten conseguido o Premio do Público ao Mellor Fanzine de 2005 no prestixioso Saló de Barcelona.
Web do colectivo Polaqia
Publicacións: BD Banda
En 2007 inicia a súa andaina como revista profesional esta publicación. A iniciativa pretende iniciarse cunha periodicidade semestral e conta cunha selección de autores galegos e estatais. Con edicións en galego e en castelán, é o primeiro proxecto con estas características que sae do país.
Web de BD Banda
Certames: Convocatoria GZ Crea
O certame GZ Crea, nado en 2006 da man da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, recolleu o testemuño do concurso Na Vangarda, derivado á súa vez do histórico certame das Xornadas de Ourense. Resumindo, cos seus diversos nomes e modalidades, este evento veu sendo nos últimos quince anos o principal certame que existiu no país sobre novena arte. Dedicado ás historias curtas, mantense con altos niveis de participación, sen dúbida animados polo primeiro premio de 3.000 euros e mais a luxosa publicación que o acompaña. Levar un premio nesta convocatoria é unha característica que comparten a practica totalidade dos autores de BD que nos últimos anos están a despuntar no medio.
Web de GZ Crea
Certames: Convocatoria Cangas
Sendo dos certames de BD que máis se está a consolidar, o de Cangas caracterízase por acoller obras de autores das máis variadas idades, desde menores de catorce anos ata autores de chegan aos trinta. Nos últimos anos, os traballos premiados están a se recoller en publicacións colectivas que se presentan cada verán no Salón de Cómic desta localidade.
Web do certame de Cangas
MAIO
Certames: Convocatoria OMIX Valadouro
Un certame noviño, nado en 2005, pero con vontade de se manter, o concurso que convoca a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Valadouro está a se introducir nas axendas dos autores noveis que aspiran a se dar a coñecer. Autores de entre 12 e 35 anos compiten en dúas categorías por unha consola e 450 respectivamente.
Máis información na revista virtual Busola.net
XULLO
Festivais galegos: Cangas
Nada menos que en 1996 abría as súas portas este salón, que conseguiu converterse nunha cita ineludible para os afeccionados durante o mes de xullo. Sen mostras de cansazo, o evento conta cada ano coa presenza dun autor internacional e varios a nivel estatal, ademais de ser un punto de encontro destacado para os autores galegos. O programa inclúe exposicións, obradoiros, proxeccións e mesmo, nas últimas edicións, unha publicación propia, "O Tebeo do Salón" no que se recollen as obras premiadas no certame que se convoca nesta localidade cada ano.
Web do Salón
Festivais foráneos: Semana negra de Xixón
Este evento cultural, centrado no xénero negro a través dos seus máis variados soportes, presta unha especial atención ao cómic e, de xeito habitual, conta coa presenza de autores, exposicións e librarías especializadas na novena arte.
Web da Semana Negra
AGOSTO
Festivais galegos: Viñetas
Nado en 1997, este festival naceu e mantense como o maior evento dedicado á BD de toda Galicia, e ten conseguido o recoñecemento xeneralizado como o segundo máis importante do Estado despois do de Barcelona. Os máis destacados autores do panorama mundial e estatal achéganse á Coruña e expoñen as súas obras orixinais. Canda a eles, cada ano unha mostra presta atención aos autores galegos, que frecuentan evento e adoitan concentrar aquí a presentación dos seus produtos. Boa parte das editoras e librarías máis destacadas do Estado contan con representación nos Xardíns de Méndez Núñez durante uns días nos que unha media de cincuenta mil visitantes se achegan ata o vento. Viñetas acolle ademais, desde o seu nacemento, a presentación do premio Castelao de Banda Deseñada.
o Salón no web do Concello da Coruña
Publicacións: Barsowia
A coincidir coa celebración do festival herculino, o colectivo Polaqia presenta o segundo número anual da súa revista. De xeito habitual, concentran tamén nestas datas a saída á luz das súas diferentes publicacións monográficas.
Web de Polaqia
OUTUBRO
Festivais galegos: Ourense
O máis veterano de todos os eventos galegos de Banda Deseñada, escenario de iniciativas históricas, xermolo de todo tipo de propostas, casa nai de mostras e de certames que desde 1989 están a marcar a historia do xénero no noso país. A pesar de pequenos altibaixos, o evento consegue manterse ano a ano como unha cita ineludible na que se encontran nun ambiente amigable unha boa parte dos creadores galegos. Canda a eles, unha constante presenza portuguesa e nomes destacados da BD española completan un programa no que son habituais as proxeccións de filmes e as exposicións. Historicamente as xornadas prestan especial atención ao mundo dos fanzines e mesmo editan unha publicación deste tipo cada ano. Ademais, a actividade serve de escenario á entrega dos premios do certame GZ Crea e mais do Premio Ourense á mellor iniciativa do ano no campo da BD, único deste tipo no país.
Web das xornadas

Festivais foráneos: Xixón
A se consolidar como unha cita fixa no calendario dos afeccionados a nivel estatal, o Salón do Cómic de Xixón acada de xeito habitual a presenza de varios autores de fama internacional e conta habitualmente con exposicións de interese.
Información sobre o festival no web de Fandecomix
Festivais foráneos: Salón do Manga
Un festival dos máis concorridos e animados de todo o Estado. Os afeccionados ao cómic xaponés teñen en Barcelona o evento fundamental. Todo tipo de publicacións, mercadotecnia, presentacións e autores danse cita neste encontro que, polo momento, aínda non contou con representación oficial galega.
Web do Salón do Manga
Certames: Correlingua
O Certame de BD do Correlingua, asociado á actividade homónima de defensa do idioma, convócase para centros de ensino cada outono. A obra debe estar realizada por un grupo de alumnos e ter como tema a defensa do noso idioma. O fallo faise público no mes de marzo.
Web do Correlingua e bases do certame
NOVEMBRO
Festivais foráneos: Expocómic
Representación dos eventos sobre BD na capital do Estado, Expocómic aspira a ser un salón máis independente dos intereses da grandes editoras de cómica catalás. Aínda en fase de expansión, o evento conta cunha boa cantidade de autores convidados, tanto estatais coma foráneos, e achega os seus propios premios ao panorama da BD.
Web de Expocómic
DECEMBRO
Festivais foráneos: Getxo
O grande festival da banda deseñada en Euskadi. Cunha grande presenza de autores novos do panorama estatal, achega en cada edición algún nome de importancia da escena internacional. Nacido en 2002, está a se desenvolver moi rapidamente e conta de xeito habitual coa presenza de autores do noso país.
Web do Salón
Publicacións: Álbum "Os Barbanzóns"
Cara a finais de ano adoita saír á luz o álbum anual da serie "Os Barbanzóns" con que nos agasalla Pepe Carreiro. Nada en 2003 as aventuras destes castrexos habitantes da nosa costa están a se consolidar como unha das series que contan con máis éxito entre os máis novos do noso país.
A serie no web do Toxosoutos
*****Actualizado a 03/2007*****