As previsións confirmáronse. Nun pleno que apenas durou media hora e ó que asistiron vinteún dos vintesete membros do plenario, Alfonso Zulueta de Haz foi elexido presidente do Consello da Cultura Galega por dezaoito votos a favor. O novo presidente xa amosou a súa intención de continuar cos proxectos que a institución tiña en marcha á morte de Casares coma a recuperación da Obra Completa de Frei Martín Sarmiento, a redacción do Informe sobre a Lingua ou a realización das bases de datos sobre a emigración galega.
A elección
Un pleno de media hora abondou para confirmar a elección de Zulueta de Haz coma novo presidente do Consello da Cultura Galega. Dos vintesete membros do plenario, vintecinco electos e dous de honra, asistiron á xuntanza vinteún, estando ausentes Manuel Fraga, Xesús Pérez Varela, Pilar Cagiao e Fariña Busto por razóns persoais xustificadas. Ademais están vacantes no plenario as prazas dos representantes da Real Academia Galega e da Fundación Penzol.
O primeiro punto da orde do día, a aprobación dunha declaración institucional de pesar pola morte de Carlos Casares, foi precedida dun minuto de silencio na súa honra e aprobada por unanimidade dos presentes.
Para a votación secreta Zulueta de Haz ausentouse, quedando o resultado final en dezaoito votos a favor e dúas abstencións.
Logo da elección o secretario do Consello, Henrique Monteagudo, procedeu a lectura pública da acta do pleno, sinalando "a consternación e tristura" que a morte de Casares causou a todos os membros desta institución e lembrando que a súa morte é "unha perda irreparable para a cultura galega".
A nova comisión executiva do Consello da Cultura estará integrada, ademais de por Zulueta de Haz, por Henrique Monteagudo, que continúa no seu posto de secretario e por Ramón Castromil que repite como vicepresidente.
As intencións
Zulueta de Haz explicou na intervención pública posterior ó plenario a súa intención de completar "todos os proxectos que quedaron por realizar" coa repentina morte de Casares, a quen recoñeceu o traballo desenvolvido durante o "fructífero periodo" do seu mandato. O novo presidente amosou a súa intención de traballar en equipo cos restantes membros do Consello da Cultura, e resaltou o "amplo abano de posibilidades" de actuación que ofrece este organismo.
Aínda que o mandato dos presidentes do Consello da Cultura está cifrado por lei nun máximo de catro anos, Zulueta sinalou que a súa permanencia no posto podería ser máis breve e durar unicamente ata o ano 2004, ano en que remataría a presidencia de Casares.
Os proxectos
O Consello da Cultura Galega tiña en marcha no intre da morte de Casares toda un serie de importantes proxectos que agora Zulueta toma a responsabilidade de continuar.
Entre os máis importantes destaca a recuperación da Obra Completa de Frai Martín Sarmiento, que suporá a dixitalización, transcripción e edición crítica das máis de vinte mil páxinas que se conservan da obra do ilustrado. Na mesma liña de recuperación histórica, o Consello pretende realizar un congreso e posteriormente unha mostra sobre a figura do Conde de Gondomar. Desde o Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística está a traballarse nunha base de datos que recolle as publicacións feitas en galego desde os centros de ensino. Para este mesmo ano está prevista edición de dous informes estratéxicos desde a Sección de Comunicación e a análise crítica do xornal "Galicia" entre outros proxectos. No Arquivo de Medios continúa a catalogación de todas as publicacións periódicas feitas en Galicia, na Sección de Artes Plásticas prepárase o Libro Branco de Artes Plásticas en Galicia e unha base de datos sobre esculotres galegos do século XX. Desde a Sección de Antropoloxía está preparándose a exposición Segadores a Castela, na de Patrimonio Natural estase a traballar sobre a flora e fauna das illas Ons e Cíes e na de Patrimonio histórico continúa o proxecto de recompilar todas as fontes sobre a historia de Galicia. Outro proxecto destacado é a elaboración do anteproxecto de Lei de Intervencións Artísticas nas obras públicas. Todo isto entre outros moitos proxectos que se poden consultar na web da institución.