Non saben falar, ou están aínda a comezar con ese traballo. En moitos casos aínda nin camiñan. Pero, do mesmo xeito que contan con roupa, xoguetes e todo tipo de complementos, os bebés teñen propostas culturais específicas. Aínda que noutros países europeos estas iniciativas xa contan cunha certa tradición é no último ano que en Galicia están a aparecer as primeiras actuacións neste sentido.
¿Como se pode facer unha obra de teatro para nenos de entre seis meses e tres anos? A unha pregunta semellante non serán poucos os que considerarán imposible a empresa. Juan Rodríguez, de Caramuxo Teatro, desde logo non é un deses, e lévao demostrando case un ano, o tempo en que ten en escena "Glub Glub", a primeira montaxe galega especificamente dirixida a crianzas de entre seis meses e tres anos. "Sabía que en Galicia non se traballara aínda este público. Como eu xa estivera nunha compañía de teatro para nenos e tiña experiencia con pícaros de dous e tres anos porque estudei Educación Infantil, pensei en facer un espectáculo deste tipo". Evidentemente, non se trata dunha montaxe das máis habituais. "Non é o común que se ve en teatro cos espectadores en butacas e os actores no escenario. Todos están no escenario, o público sentado en moqueta e véndoo todo moi preto, as luces, os obxectos...", sinala. Hai que aclarar que os naipelos acoden, en principio, no colo dos seus proxenitores, e que ao comezo da obra anímase aos pais e nais a que interaccionen cos fillos, comenten con eles o que van vendo e se integren no espectáculo.
Un argumento infantil
Claro que, ¿que se lles pode contar a pícaros de tan pouca idade? "É un espectáculo moi curtiño, duns vinte e cinco minutos. A liña argumental é unha amizade entre un peixe e un barco de papel que está afundido no mar. É unha historia moi sinxela máis baseada en imaxes que no texto", explica Rodríguez. Evidentemente, as sensacións que se lles poden transmitir aos nenos son unha parte destacada da obra. "Traballamos o tema da sorpresa cunhas caixas nas que buscamos o barco de papel, miramos o son, empregamos luces, efectos... nun acuario facemos debuxos con pingas de cores... buscamos un pouco diferentes estímulos visuais e sonoros, e en xeral os cativos responden moi ben", explica o autor da obra. "Só houbo unha ou dúas veces que marchasen rapaces porque estaban a chorar, pero tamén puido ser por sono ou cansazo. En xeral o difícil precisamente é tiralos de alí ao rematar. Tamén tentamos que todo sexa moi cómodo para eles, que a luz non sexa agresiva e que haxa música relaxante". Se ten mérito a montaxe da obra, debemos ter en conta ademais que os membros de Caramuxo non quixeron ver outras propostas semellantes para evitar estar influenciados, e partiron da súa propia experiencia como única base para facer esta proposta escénica.
Concerto para bebés
Ademais de teatro, a música dirixida a bebés chega tamén a Galicia este outono. O portugués Paulo Lameira achega ao festival Are More de Vigo os seus "Concertos para bebés". Deste xeito Vigo convértese na primeira cidade do Estado que acolle esta sorprendente iniciativa. Segundo explica Roberto Relova, director artístico do festival, a aposta intégrase no ciclo de formación de públicos con que conta o evento desde a súa primeira edición, hai xa sete anos. "Un día vin por casualidade na Casa da Música de Porto un anuncio dos `Concertos para bebés´ de Paulo Lameiro. Non o podía crer e pareceume unha proposta fascinante que estaba tamén dentro do que nós queriamos".
Música dentro do útero
Os concertos que organiza Paulo Lameiro, que se poderán ver o vindeiro dezanove de novembro no MARCO de Vigo, consisten basicamente nunha selección de fragmentos de música clásica. "Tocan obras clásicas de autores coma Monteverdi ou Mozart, pero tamén se inclúen fragmentos do `Yesterday´ dos Beatles por exemplo", lembra Relova. Canda a estes, Bach, Schumann, Brahms e composicións do propio Lameiro mestúranse con temas tradicionais portugueses coma "Ô laurindinha". "É un espectáculo no que se mestura unha luz moi intimista, que quere lembrar a que se supón que hai no ventre materno, cos sons que son moi especiais, neste caso con clarinetes e saxofóns". Pero a proposta vai moito máis aló, "un neno non se vai quedar colgado da música, pero é unha experiencia que tenta lembrar aspectos que o neno pode recoñecer do seo materno, coma os latexos do corazón da nai. E a resposta é tremenda pola banda dos naipelos, a música e a luz captan moito a súa atención", sinala o director artístico do festival. "O espectáculo xoga moito tamén coa interactividade, hai coidadores e está todo previsto, aínda que un neno chore ou teña fame non debe abandonar o concerto". O espectáculo está previsto para un bebé e dous acompañantes ou para donas embarazadas. "Eu quedei pasmado do emocionante que é", asegura Relova.
A pola programación
A tendencia a programar para este curioso público semella que vai a maiores. De cara ao vindeiro ano, a Nave de Servizos Artísticos (NASA) de Compostela está a desenvolver unha completa proposta neste sentido. Segundo explica Xesús Ron, un dos directivos da sala, "estamos aínda iniciando iso, a idea é facer unha proposta de continuidade, a traballar con creadores locais que puidesen manter unha programación case de calendario", sinala. "Trataríase de xente que procede da danza, da música, do teatro e da narración. Polo momento estamos a facer unha serie de xuntanzas e un intercambio de ideas sobre como vemos o asunto, e a resposta está a ser moi positiva. O proxecto aínda está a coller forma e será en todo caso para o vindeiro ano".
Últimas tendencias
Ademais destas iniciativas, o pasado mes de agosto chegaron tamén á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia dúas propostas neste sentido. En concreto foron "Pupila de auga", do grupo Madrileño La casa incerta, para bebés de tres meses a tres anos e "No xardín" do grupo vasco Teatro paraíso, para crianzas de un a tres anos. E é que esta tendencia, aínda recente ameaza con se asentar dentro das programacións culturais. "As propostas que había en España de Teatro para bebés comezaron a se facer aínda hai dous ou tres anos", sinala Rodríguez. Xesús Ron, pola súa banda, considera que este tipo de espectáculos "xa se está a facer en moitos sitios, non é tan novo. En Portugal estamos a ver por exemplo que nos últimos anos as salas con programación estable están a incorporar propostas de danza e de música para crianzas". Semella entón que desta volta en Galicia non levamos moito atraso na tendencia.
Éxito pequeno
Polo momento, semella que a cultura para bebés está a ter bastante éxito. Aínda así, desde a NASA non confían moito en que sexa un éxito masivo. "É unha proposta para públicos moi reducidos, pensamos que comercialmente non vai funcionar moito. A idea é probar polo momento e, se a cousa funciona, continuar", lembra Ron. Pola contra, desde o Are More ven con optimismo estes proxectos. "Está a ser tan rechamante a proposta que nos están chamando desde moitos sitios, coma Madrid ou Alacante. Agardamos que para o ano Paulo Lameiro poida voltar, polo menos na Concellaría de Cultura están encantados e queren repetir", sinala Relova sobre os concertos. Á súa vez, Rodríguez apunta desde Caramuxo Teatro que "é difícil entrar nos concellos pequenos, onde xa a programación cultural non é moi abondosa e custa meter unha proposta tan específica. Pero onde actuamos o espazo queda pequeno porque sempre hai moi boa resposta do público e os pais comentan que é unha pena que non haxa máis espectáculos deste tipo". Polo momento "Glub glub" vai continuar a súa andaina polo país durante aínda un ou dous anos. "Vaise movendo aos poucos, non é un espectáculo que teña moitas funcións", recoñece o seu autor, "supoño que máis adiante acabaremos montando outros para bebés".