"Un misterio para Simón", a serie de álbums máis longa que deu ata o de agora a BD galega, inicia unha nova xeira. Fausto Isorna, o seu debuxante, presenta mañá ás oito da tarde na Fundación Caixa Galicia de Compostela "Están vivas", primeiro volume de "As novas aventuras de Simón Martel". A obra, editada por Caixa Galicia, supón o retorno de Fausto á BD logo do peche de "Golfiño". Benvido sexa.
Olla a portada do álbum. Máis información nos nosos arquivos, na ficha da serie e na ficha de Fausto