Carracedo: "Os xenes pódennos dar as chaves do pasado histórico"

Buscando historia nos xenes

A xenética e a historia son dúas disciplinas necesarias para poder coñecer aspectos da historia. Pero ata o de agora eran dúas investigacións que ían por camiños separados. Xuntalos, para traballar nun afán común é o que se pretende nas xornadas "Xenética e historia no Noroeste Peninsular" que desde hoxe ata o sábado se celebran no Consello da Cultura Galega. E na xornada inaugural os relatorios foron do particular ó concreto. Desde a orixe da poboación mundial foron pasando a desmenuzar a composición xenética do noroeste peninsular.

Primeira sesión



A necesidade de conectar pontes entre ambas as dúas vías de investigación (historia e xenética) quedou patente deste a primeira das sesíons do Congreso que se celebra no Consello da Cultura Galega. De feito, Anxo Carracedo, un dos organizadores, apuntaba, cando explicaba as súas investigacións sobre a composición xenética no noroeste peninsular, a necesidade de respaladar con explicacións históricas as súas hipóteses de traballo. O equipo de Carracedo desenvolve a súa tarefa comparando o Cromosoma Y (que é masculino) e o ADN Mitocondrial (que é feminino), porque son dous indicadores (o que en xenética se lle chama marcadores) obxectivables. E os resultado desa comparación son dous. En primeiro lugar, e diferindo do que dixeron os protugueses Antonio Amorim e Leonor Gusmão nas súas intervencións, no ADN das mulleres portuguesas atópase linaxes noreafricanas, mentres que en Galicia estes trazos atópanse nos homes. Para Carracedo, "isto ó mellor é un fenómeno de hai 5.000 anos" que os historiadores poderán explicar. A segunda das súas conclusións é que o Cromosoma Y revela unha estructura xenética compatible coa mobilidade. E isto vén a significar que os rastros xenénticos atopan nas migracións son as mulleres a que se moven. Unha tendencia que en Galica se da ó contrario. E isto, para Carracedo " se podería explicar polo matriarcado, pero que tal vez teña outras explicacións históricas que os historiadores se encargarán de apuntar".
A sesión inaugural taméncontou coa presencia do profesor da Universidade Pompeu Fabra; Jaume Bertrnapetit, quen centrou a súa intervención en explicar por que o estudio das diferencias xenétias da poboación poden axudar a reconstruir a evolución histórica da poboación. Unha explicación que quixo ofrecer a través do proxecto Genoma.











E máis explicacións




As xornadas continuarán esta tarde cunha xornada centrada en mirar cara atrás, é dicir, cara a prehistoria e á IdadeAntiga, para poder ver a evolución tanto histórica como xenética. Son os encargados de facer esta aportación Xosé Manuel Vázquez Varela, María del Carmen Pallares e Xerardo Pereira Menaut da Universidade de Santiago e Cláudio Torres do Campo Arqueolóxico de Mértola (Portugal).
Os relatorios continuarán mañá afrontando a relación entre a xenética e a lingua. Tamén mañá, aínda que pola parte, terá lugar un debate a porta pechada no que se redactarán as conclusións destas primeiras xornadas.











Unha relación pouco explorada




Ata o de agora a información sobre os comportamentos humanos, e sobre as súas propias posibilidades á historia. E sen embargo con este congreso, que supón unha iniciativa pioneira no estado, o que se pretende é crear pontes de colaboración entre dous colectivos investigadores para que, cada un no seu campo de saber, poidan contribuir xuntos para aclarar aspectos da nosa historia. Deste xeito, ábrese a posibilidade de coñecer as relacións de parentesco entre diferntes grupos humanos ou de establecer con fiabilidade a orixee migracións dalgúns pobos.
O congreso pretende ser moito máis que unha serie de relatorios, senón que pretende abrir un camiño común á interdisciplinariedade. E isto non só no ámbito galego, por iso contarán coa presencia de investigadores portugueses.