Intercambiar e complementar métodos e coñecementos entre historiadores e xenetistas é o obxectivo das xornadas "Xenética e historia no noroeste peninsular: unha perspectiva interdisciplinar". Este encontro, pioneiro no estado, presentouse hoxe mesmo no Consello da Cultura e desenvolverase na sede deste organismo entre o xoves once e o trece deste mesmo mes de abril. Historiadores e xenetistas de universidades de toda a PenÃnsula analizarán as posibilidades de interacción do dous saberes para aclarar aspectos da nosa historia.
A relación de dúas ciencias
Os recentes avances en investigación xenética están a revelarse como unha importante fonte de información de cara ás investigacións históricas. A posibilidade de coñecer as relacións de parentesco entre diferentes grupos humanos ou de establecer con fiabilidade a orixe e migracións dalgúns pobos son algunhas das posibilidades que achega esta interdisciplinariedade.
Segundo sinala Anxo Carracedo, director do Instituto de Mediciña Legal da Universidade de Santiago, "os xenetistas non podemos seguir facendo historia nos nosos artigos ignorando ós historiadores e descoñecendo o seu método, nin os historiadores ignorando esta nova fonte de coñecemento para Historia". AsÃ, poderÃase contrastar se determinados grupos xenéticamente diferenciados se constituÃron como pobos en determinado momento histórico,
Segundo adiantou na presentación das xornadas o historiador Xerardo Pereira, da relación entre estas dúas disciplinas "nace unha nova visión da historia" e permitirá abordar cuestión tan destacadas coma os fundamentos históricos do nacionalismo ou a mestizaxe, aclarando a relación entre os fenómenos migratorios e as mudanzas culturais.
Un encontro pioneiro
Segundo Anxo Carracedo, coordinador destes encontros canda Xerardo Pereira, estas xornadas pretenden chegar a un público xeral ó tempo que se tentan establecer pontes de colaboración estables entre os dous colectivos de investigadores. Ata o de agora a experiencias de achegamento deste tipo realizadas na PenÃnsula foron puntuais e esta é a primeira vez que se organiza un encontro destas caracterÃsticas contando ademais con investigadores provintes de Portugal.
Os relatorios destas xornadas redactaranse despois do encontro, coa intención de que incorporen os coñecementos intercambiandos durante o mesmo, e serán publicadas polo Consello da Cultura Galega.
As xornadas
Os encontros que se celebrarán na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela comezarán o xoves dÃa once pola mañá e rematarán o sábado cunha visita guiada ó Museo do Pobo Galego.
As sesións matinais das xornadas estarán destinadas a chegar ó público as ferramentas empregadas por historiadores e xenetistas para explicar a historia dos pobos. AsÃ, na conferencia de Jaume Bertranpetit exemplificarase coa Historia da PenÃnsula Ibérica as posibilidades que oferta a relación entre as dúas disciplinas.
Durante a tarde do xoves once desenvolveranse aspectos concretos deste xeito de investigación, coma fará Xosé Manuel Vázquez na súa conferencia "Culturas e poboacións na Prehistoria do Noroeste peninsular". Durante a tarde do venrese farase unha sesión de traballo pechada entre os investigadores. O prazo de inscripción neste congreso remata o vindeiro dez de abril.