Santiago contará o ano que ven con dez colectores de recollida subterránea

Illas para o lixo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Dez colectores subterráneos recollerán case sesenta e catro mil litros de lixo en Santiago o próximo ano. O ensanche, os polígonos e as novas urbanizacións serán as ubicacións destes revolucionarias "illas ecolóxicas" que invisibilizarán os residuos na capital santiaguesa. A UE costeará este iniciativa que supón uns 75 millóns de pesetas.

Revolución estética

As illas ecolóxicas veñen a solucionar o problema estético ocasionado polos grandes colectores. Cada illa ten dúas partes; unha cabina na superficie que permite seleccionar o tipo de residuo a depositar e outra enterrada composta por oito colectores de 800 litros que se moven en círculo. Un sistema que segundo o concejal Néstor Rego, supoñerá unha revolución importante. A superficie utilizada en cada rúa é de 16 metros cadrados e de 2´5 metros de profundidade.

Sofisticado procedemento

Cada colector supón un avanzado poroceso informatizado. O buzón exterior que sobresae , conta cun avanzado sistema no que o usuario seleccionará o tipo de compartimento correspondente. Unha vez que se introduce a bolsa, a máquina a pesa, compáctaa, e transmite datos a un ordenador central que procesa a información e que se encarga de organizar todo o lixo que recibe. Este complexo sistema de recollida de lixo custaralle ó concello uns 75 millóns de pesetas ( cada colector custa oito millóns e medio), que serán subvencionados integramente polo Unión Europea.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Unión Europea

Claves

Entidades