¿Pode ser a muller o factor de cambio no Islam? Esa é a pregunta lanzada ao aire nos Encontros de Mondariz da Fundación Carlos Casares celebrados a semana pasada. No complexo mundo musulmán, as mulleres reflexionan sobre o futuro das sociedades islámicas dende dous puntos de vista moi diferentes. Nadia Yassine busca no Corán o texto do futuro político de Marrocos; pola contra, Rita el Khayat defende a chegada da modernidade laica aos países islámicos e a liberación da muller como motor do gran cambio.
Dúas visións para comprender o controvertido futuro dos países musulmáns, e ben diferentes entre si. Dunha banda, Nadia Yassine, licenciada en Ciencias Políticas e directora da sección feminina do partido islamita marroquí Al Adl Wal Ihsane (Xustiza e espiritualidade), inmersa en pleno activismo político. Da outra, a psiquiatra e psicoanalista Rita el Khayat, doutora en Antropoloxía do Mundo Árabe e escritora de sona polos seus traballos sobre muller e Islam, escritos desde unha perspectiva moi feminista e laica.
Ambas as dúas interviñeron no último día dos IV Encontros de Mondariz-Balneario organizados pola Fundación Carlos Casares no histórico hotel desta localidade. Os encontros tiveron este ano como tema central o diálogo entre culturas, nomeadamente entre Occidente e Islam. Do 19 ao 21 de setembro, os máis de cincuenta asistentes aos encontros debateron sobre a cultura, a modernidade e as posibilidades de relación entre as dúas culturas. ¿Representa a modernización occidental e os seus valores o destino inevitable de toda posible modernización? ¿Que actitude tomar coas comunidades musulmanas incardinadas dentro dos países ricos de Occidente?, destaca a organización. Polas mesas do encontro pasaron intelectuais e pensadores dos dous bandos, como Fernando Vallespín, Antonio Elorza ou Tariq Ramadán.
¿Á marxe da Historia?
Tanto Nadia Yassine como Ghita el Khayat reiteraron a difícil posición na que se atopa as sociedades musulmanas para o seu futuro e, sobre todo, a ausencia dunha dirección clara na que camiñar. Agora mesmo, ¿a modernidade está contra o Islam ou a modernidade contra a modernidade islámica?, preguntouse a doutora Ghita el Khayat. Moitos países da zona, segundo Khayat, están nunha situación de colapso: o mundo árabe é tan feble que non se pode prever que os árabes poidan defender os seus dereitos, as súas terras e as súas persoas. Os tres déficits maiores son a ausencia da liberdade de elección, unha mínima promoción das mulleres e unha falta de coñecemento. Nadia Yassine coincidía en sinalar a situación de colapso na que se está a vivir, derivada de certo esgotamento dos réximes políticos xurdidos trala colonización e os diferentes avatares políticos que viviron estes países: a sociedade musulmana está bloqueada desde o punto de vista político.
Para esta activista islamita marroquí, a crise social, económica e política actual ten causas internas pero sobre todo externas: o Islam non ten problemas coa modernidade, senón coas políticas que herdou, as políticas imperialistas que exacerban a cólera e a desesperación. Para Yassine, o terrorismo actual, especialmente na súa tendencia suicida, non é unha reacción concreta contra a modernidade, senón un signo de desesperación de moitos mozos.
Segundo Khayat, a situación actual de caos no mundo musulmán veu motivada por unha serie de problemas a gran escala que remataron co aperturismo social dos anos 60 e 70. Nesa época, afirma a psiquiatra, produciuse o que se chamou renacemento árabe nas cidades do Cairo, Beirut e Damasco, significado por un movemento de modernización inspirado e promovido desde Occidente que pretendía quitarlle o velo ás mulleres, normalizar a súa vida e levalas á rúa. Un dos primeiros pasos foi a acción levada a cabo por Mohammed V de Marrocos nunha viaxe á zona internacional de Tánger en 1947, na que apareceu publicamente coa súa filla, a princesa Lal-la, que leu un discurso en prol da unificación política e cultural do país así como que promovía a instrución das mulleres. Para Khayat, a ditadura posterior na que caeron boa parte dos países musulmáns provocou que este mundo caera de novo no escurantismo e na ignorancia. Só quedaba unha solución posible, refuxiarse en Deus e na relixión.
Aos musulmáns véselles como persoas que están á marxe da Historia, subliñou Nadia Yassine, pero esa é unha percepción incorrecta e dende un punto de vista occidental. Para esta activista e politóloga, se existen musulmáns que teñen reservas contra a modernidade, é porque temos dúbidas de que sexa imposíbel levar a toda a Humanidade o grado de benestar do mundo occidental, non porque sexamos bárbaros. No Corán Deus convídanos a descubrir o mundo.
O Corán como futuro
Na filosofía de Nadia Yassine, os textos sagrados son o futuro político, porque o propio Corán é un elemento de verdade revelada: todo o noso movemento está baseado nunha lectura nova da Historia; para nós é moi importante analizar a historia con outros ollos e unha nova mirada, tendo en conta a nosa historia de musulmáns e comparándoa coa historia universal. O público interrogouna sobre cal sería a concreción política do seu movemento islámico: a noción de soberanía popular xa existía en tempos do Profeta. A nosa relixión garántenos os dereitos e é ir en contra desta autocracia que se instalou, nesta realidade política que nos queren pór instrumentalizando os textos sagrados.
Para Khayat, pola contra, a modernidade chegará ao Islam cando se produza a ruptura co mundo moderno: a modernidade baséase no principio de que os seres humanos crean a súa historia e que, para facelo, teñen dereito a innovar e a non respectar a tradición. Proclamar ese principio consiste en establecer unha ruptura co principio fundamental que rexe a todas as sociedades premodernas.
A muller como factor de cambio no Islam
Rita el Khayat detívose especialmente na capacidade que ten a muller de transformar o mundo islámico. Ante esta dramática situación de colapso, esta psiquiatra sostén que o cambio debe ser endóxeno e só se producirá se a condición das mulleres se transforma. A situación é complexa e nela teñen que ver factores internos e externos que se cruzan tecendo unha maraña de intereses e decisións familiares: no Islam as mulleres teñen moitos fillos porque a súa situación é precaria e teñen medo de que os homes marchen. Dos sete fillos que teñen, un deles será drogadito, outro delincuente, dous emigrantes, outro se cadra teña algo máis de sorte e os outros serán marroquís medios sen moito futuro.
Nesta situación de tensión familiar a violencia é un compoñente esencial: moitas mulleres son violentas nos sistemas reprimidos, porque a violencia crea violencia. Nos estudos antropolóxicos que fixen, decateime de que a violencia das mulleres está completamente interiorizada, que se expresa de moitos xeitos e que se aprenden desde a infancia. É unha violencia endóxena.
Khayat detívose especialmente no papel das matronas: ao chegaren á idade da menopausa, as mulleres convértense en matriarcas que marcan o camiño da familia; estas mulleres enormes que berran nas rúas de Bagdad e Palestina, estas mulleres son as que teñen o poder entre todos os homes. Moitas das matronas, segundo Khayat, son perpetuadoras do sistema. Un sistema que mantén institucionalizadas as diferencias de xénero. Segundo Nadia Yassine: para as mulleres marroquís é moi difícil participar en movementos políticos, xa que a participación pode levalas á cadea en calquera momento.
O mundo árabe debate a súa propia dialéctica da modernidade. En que medida poida aproveitar as conquistas sociais de Occidente, e en que medida decida continuar polo seu propio camiño, baseado na relixión, será unha das claves que definan o seu futuro inmediato.