“Kalaikia” e “Terras de Santiago” son dúas publicacións periódicas novas. Por unha banda “Kakaikia” trátase do suplemento cultural do periódico “A peneira” (de 12 páxinas) que terá unha periodicidade quincenal. O primeiro número terá unha reportaxe sobre a sede da Fundación Caixa Galicia desde o punto de vista arquitectónico, outro sobre banda deseñada, a sala Capitol e unha entrevista a Nacho Abia. Da outra banda, “Terras de Santiago” é o primeiro semanario gratuÃto do Grupo Correo Gallego que se difundirá cada martes nos centros públicos, locais comerciais e caixas de correo das principais rúas de 24 concellos próximos a Santiago. Contará cunha tiraxe de 30.000 exemplares e conta cun equipo de dez redactores e cinco fotógrafos.
Máis información sobre o semanario Tierras de Santiago e no web de A Peneira