Hoxe constitúese en Santiago o Consello da Memoria. Un órgano de representación social formado por vinte persoas: cinco persoeiros que sufriron en carne propia a represión franquista como Isaac DÃaz Pardo ou Avelino Pousa Antelo; cinco investigadores como Dionisio Pereira ou Bieito Alonso e dez representantes de asociacións pola memoria. Como “Consello”, asesorará á ConsellarÃa de Cultura no deseño de programas encamiñados á recuperación da nosa memoria. En canto ao seu funcionamento interno, terá reunións ordinarias (un mÃnimo de dúas anuais) e extraordinarias, a petición da ConsellarÃa de Cultura ou a unha cuarta parte dos seus membros.
Máis información no web da ConsellarÃa de Cultura, en Vieiros e sobre o Ano da memoria no seu web