Ferrol vestiuse onte á noite de gala. E é que tiña moito que celebrar. O motivo principal, ou a disculpa, foi a presentación do Centro Cultural Torrente Ballester, que tras catorce anos de reformas se converte na segunda sala de exposicións de maior importancia en Galicia. Pero non era o único motivo, xa que aproveitando que se estreaba un edificio destas dimensións, habÃa que enchelo con obras. E que mellor que unha antolóxica de luxo con Maside, Colmeiro, Laxeiro, Reimundo Patiño... como protagonistas. E para poñer a guinda ó pastel, o Parlamento de Galicia daba o seu respaldo á proposta de declarar Patrimonio da Humanidade ás Fortalezas da Ilustración.
Rehabilitación
A segunda sala de exhibición máis importante de Galicia (desde onte) tiña, antes de inaugurarse, unha longa historia chea de atrancos e de problemas. E que onde hoxe se colgan os cadros dunha importante selección do mellor dos artistas plásticos galegos do século XX foi, en tempos, a antiga sala de enfermerÃa do Hospital da Caridade de Ferrol (edificio que data do século XVIII). E non só iso, senón que durante todo o proceso de adaptación ó seu cometido actual tivo numerosos atrancos. Lonxe queda aquel 1986 no que o edificio pasou a titularidade municipal, e aÃnda que máis preto, sona tardÃo aquel 1988 no que comezaron as obras de remodelación. Uns traballos de recuperación que se viron retrasados en diferentes fases polas dificultades presupostaria que acometeu o proxecto. Unha obra que contou coa colaboración conxunta da Xunta de Galicia e do Concello de Ferrol.
E onde durante tanto tempo houbo atrancos, hoxe hai un gran espacio de 2.000 metros cadrados de superficie de exposición.
Un centro de exhibición que une a outros proxectos de recuperación da cidade departamental como a restauración do Xofre.
A chegada de Caixanova
Agora que Ferrol ten unha boa sala de exhibición, cómpren as obras. E para festexar este escenario entra na cidade a colección Caixanova que é a encargada de inaugurar o edificio. Seoane, Leiro, Quessada, Manolo Paz, Antonia Dans... obras de valor incuestionable e que supoñen o reflexo vivo do que deu de si a plástica galega do século XX. E por iso en Ferrol estivo onte LuÃs Vela, máximo responsable de Caixanova na zona norte de Galicia, que subliñou o interese por descentralizar a oferta cultural e que sirve de proba do compromiso coas artes.
E outro éxito
E o outro motivo que ten que galardoar é que onte no Parlamento de Galicia á proposta de declarar Patrimonio da Humanidade os Castelos de Ferrol (os de San Felipe, A Palma e o Arsenal de Ferrol). Unha proposta que foi aprobada por unanimidade por todos os grupos que coincidiron en destacar a importancia deste conxunto arquitectónico que acadou o seu esplendor no século XVIII. Un conxunto que xa foi calificado pola Xunta de Galicia como Ben de Interese Cultura (BIC).