Na Idade Media, a baixa nobreza, os grupos burgueses urbanos, campesiños acomodados e clérigos constituíron irmandades para a defensa dos seus intereses fronte os abusos dos señores. Son os irmandiños e o obxectivo da súa loita era desposuír aos señores das súas riquezas. Os castelos estaban no seu punto de mira e hoxe recuperamos os escenarios da revolta irmandiña para propor unha ruta alternativa.
Foi un dos movementos sociais máis destacados da Idade Media en Galicia. Un movemento organizado por parte dunha masa social descontenta cos abusos da súa nobreza. Unha rebeldía que se desenvolveu en dúas etapas (a primeira en 1433, coñecida como Irmandade Fusquenlla, e á segunda, entre 1466 e 1469, chamóuselle Grande Guerra Irmandiña) e tomou como diana dos seus ataques as fortalezas, o emblema do seu poderío.
Os irmandiños derrubaron arredor de 130 castelos e fortalezas na coñecida como Grande Guerra Irmandiña. O branco preferido polos irmandiños foron as liñaxes dos Lemos, Andrade e Moscoso que fuxiron cara Portugal e cara Castela. En 1469, Pedro Madruga inicia desde Portugal o contraataque feudal, apoiado por monarcas de Castela e Portugal e conseguir dobregar as forzas irmandiñas.
ONDE IR
Moeche
Comezamos polo norte, polo Castelo de Moeche. O castelo foi edificado por Fernán Pérez de Andrade o Bo, un dos máis favorecidos polo rei Enrique. En 1431, os primeiros Irmandiños capitaneados por Rui Xordo intentaron atacar a Nuño Freire de Andrade (o Malo), sobriño neto do anterior e que estaba na fortaleza de Moeche. O de Andrade fuxiu, os sublevados derrubaron parte do edificio e que seguiron a Nuño ata Pontedeume, onde foron derrotados. Na Segunda Guerra Irmandiña, a de 1467, Moeche pertencía ao conde de Lemos, e figura na lista dos castelos que lle foron derribados. Derrotados os Irmandiños, foron obrigados a reconstruír todo o que derrubaran. Parece que foi o conde de Lemos, Pedro Álvarez Osorio, o que ordenou iniciar as obras da fortaleza. A historia lémbrase cada agosto na Festa Irmandiña, na que se recrea a sublevación dos vasalos contra Nuno Freire de Andrade.
Máis información sobre o Castelo de Moeche na wikipedia, no web da Deputación da Coruña e infórmate de como chegar a Moeche
Os castelos dos Andrade en Pontedeume
Pontedeume era o centro dos estensos feudos da poderosa familia dos Andrade, dona e señora de boa parte do Norte de Galicia. De todo o seu patrimonio, aquí destacamos o torreón da súa fortaleza principal no centro da vila de Pontedeume, hoxe Centro de Interpretación dos Andrade, e a impoñente fortaleza de Nogueirosa, cunha magnífica vista das Rías Altas. Nesta comarca iniciouse a Revolta Fusquenlla, tamén coñecida como primeira irmandade, dirixida especificamente contra esta rica familia.
Descubre o Torreón dos Andrade en Turgalicia
No contorno de Santiago
Preto de Santiago existen numerosas pegadas das revoltas dos irmandiños. Comezamos polas Torres de Altamira, no concello de Brión. Por riba da aldea de Torres, construíronse no século IX sobre os restos dun antigo castro. Foi unha das fortalezas derrubadas polos irmandiños, quen na súa derrota tiveron que reconstruíla. Curiosamente, as novas murallas xa foron adaptadas para resistir o impacto da pólvora. Hoxe en día quedan restos das seis torres dunha muralla que defendía o pazo, no século XVII os seus habitantes trasladáronse ao Pazo de Trasouterio, co que a fortaleza está abandonada. No século XIX, os restos da fortaleza foron utilizados para construír casas e para construír o santuario de Santa Minia.
O Castelo da Rocha foi decisivo na configuración do Santiago medieval. Era o refuxio dos arcebispos de Compostela, o lugar onde meterse cando había problemas. Algo semellante ó Castelo de SantAngelo en Roma para os papas. No século XV, a Rocha convertérase nun edificio odiado e temido polos labregos da zona. Durante as décadas de 1450 e 1460, os soldados do arcebispo agrupados no destacamento da Rocha rouban o gando, secuestran labregos e violan mulleres. As denuncias quedaron rexistradas para o futuro no Libro do Concello de Santiago. Foi unha das primeiras fortalezas en seren derrubadas polas Irmandades e, na actualidade, no transcurso das excavacións destinadas á a súa recuperación, atopáronse restos únicos: ducias de balas de catapulta de 70 ctms de diámetro. O Concello e a Universidade de Santiago están a recuperar as ruínas para crear un parque arqueolóxico
Por último, na parroquia de San Miguel de Gundián, na PonteUlla (Vedra) atópase, no espectacular paso de San Xoán da Cova, un cumio coñecido coma o Castro de Gundián. O lugar acolleu unha das últimas batallas dos Irmandiños. Alí refuxiouse o capitán Alonso de Lanzós perseguido polas tropas do arcebispo e resistiu un cruento sitio. Hoxe en día hai un mirador que permite apreciar a beleza do val do Ulla.
No Concello de Brión están as Torres de Altamira; máis información sobre o Castelo da Rocha no noso tema e sobre o Castro de San Miguel de Gundián no web do Concello de Vedra
Monforte de Lemos
A historia do Castelo de Monforte vai parella á da familia Castro, que habitaron o castelo durante moito tempo. No ano 1332 Afonso XI cedeu o castelo a Pedro Fernández de Castro, Conde de Lemos. Foi unha das fortalezas que sufriu o ataque dos primeiros irmandiños, que foron os que tiveron que volvela erguer na súa derrota. Unha historia que se repetiu en 1467, cando o centro se volveu converter no centro do movemento de liberación protagonizado polos irmandiños na súa loita contra o réxime feudal. Trala victoria dos nobles, o mariscal Pardo de Cela díxolle ao Conde de Lemos que colgase aos seus vasalos dos carballos. O Conde de Lemos, empeñado na reconstrución dos seus castelos, contestoulle: "Eu non vivo dos carballos".
Máis información sobre o Castelo de Monforte no web dese concello
Casco medieval de Pontevedra
Hoxe completamente recuperado e rehabilitado (á falta de que terminen as obras no museo municipal) foi o primeiro sitio no que se probou a pólvora en Galicia. Pedro Madruga de Soutomaior, procedente de Portugal, foi un dos artífices da "reconquista" dos señores feudais, usando unha nova tecnoloxía que logo daría moito que falar: a pólvora.
No web do concello de Pontevedra tes información sobre o seu casco antigo e a súa historia
Castelo da Lanzada
O derradeiro enfrontamento documentado entre os irmandiños de Pontevedra e Pedro Madruga, tivo lugar na antiga fortaleza de A Lanzada no tempo en que Don Pedro andaba no Salnés tentando desfacer a irmandade. Foi entón cando un grupo de labradores e pescadores irmandiños, dirixidos polos peóns Juan García de Chichontes e Juan García de Barla, ocuparon para fortalecelo o que quedaba do castelo da Lanzada, entre Sanxenxo e o Grove, no límite entre a ría de Pontevedra e a ría de Arousa.
Descubre a historia nesta páxina e nesta sobre a Torre da Lanzada
Castelo de Palmeira (Ribeira)
Na vila mariñeira de Palmeira (Ribeira), o Arcebispo de Santiago de Compostela tiña un castelo ao carón do porto que rexentaba un alcaide chamado Suero Gomez. É un exemplo de como os Irmandiños se empregaron a conciencia coas fortalezas que aborrecían. Inmediatamente despois da conquista do castelo, unhas barcazas comezaron a transportar a súa pedra para a construción do veciño Mosteiro de Santo Antonio do Xobre, na Pobra do Caramiñal, hoxe en ruínas. Non quedou nada, tan só os penedos nos que se asentaba, unha estatua dedicada ao emigrante e unha marabillosa vista sobre a Ría de Arousa e a vila mariñeira. Tamén queda na memoria popular: os penedos séguense chamando O Castelo, e a veciña praia conserva o nome do Baluarte. Proba despois os caramuxos cocidos nas tabernas do porto.
Historia, xeografía de Palmeira neste web
A Torre de Xunqueiras (Pobra do Caramiñal)
A Torre de Xunqueiras era un castelo pertencente a Estevo de Xunqueiras, un cabaleiro á vella usanza que comandaba as hostes do Arcebispo. O castelo familiar, no concello da Pobra do Caramiñal, protexíase no medio dun labiríntico pantano. Trala destrución do castelo de Palmeira, as tropas irmandiñas atacaron as Xunqueiras, pero o castelo foi un dos poucos de Galicia que non puido ser vencido. Atópase nun excelente estado de conservación: conserva a Torre da Homenaxe do século XIV e o resto do edificio é un fermoso pazo renacentista con claustros e balconadas de influencia italiana que ergueu o último cabaleiro amante dos torneos en Galicia: Gómez Pérez das Mariñas. Pola longa historia desta edificación pasaron importantes figuras da política e da cultura. Valle-Inclán pasaba as tardes de tertulia nos seus xardíns. Hoxe en día a familia propietaria ofrece habitacións e nos baixos pódese comer nun elegante restaurante á vella usanza con pianista incluído.
Web coa información Pazo Torre de Xunqueira
Soutomaior
É un dos castelos máis fermosos de Galicia. Construído no século XII caracterízase por facer gala da gran variedade de técnicas constructivas empregadas, o que proba as moitas reconstruccións levadas a cabo a medida que os tempos ían sendo mellores e segundo fosen sendo necesarios os perfeccionamentos nas fortificacións. Foi derruído durante a Revolución Irmandiña e Pedro Madruga interveu moi directamente na súa reconstrucción. Este belicoso noble foi o señor máis poderoso do sur de Galicia e contaba con numerosas conexións familiares coa aristocracia portuguesa.
Chega e descubre o Castelo de Soutomaior neste web
Camiña
Co triunfo da revolta, os nobres galegos tiveron que fuxir para Castela e Portugal. Un dos máis poderosos nobres galegos da época foi Pedro Madruga de Soutomaior, que tiña numerosas propiedades no sur de Galicia e no norte de Portugal, onde era conde de Camiña. Posiblemente Pedro Madruga concentrara aquí as tropas que despois atravesarían o Miño con pólvora para reconquistar as fortalezas perdidas. Esta pequena localidade fronteiriza aínda conserva numerosos restos de fortificacións dende a época romana e boa parte delas, de época medieval. É un punto de partida excelente para explorar o interesante norte de Portugal.
Todo o patrimonio de Camiña
Monterrei
Está situado nun lugar estratéxico pola súa proximidade coa fronteira con Portugal. A Acrópole máis grande de Galicia está formada por tres recintos amurallados sobre unha alongada lomba, nas proximidades de Verín.
No recinto superior encerrábase a poboación medieval, conservándose o pazo renacentista, a Torre do Homenaxe do século XV, a Torre das Damas, os restos do hospital de peregrinos e a igrexa gótica de Santa María. Estas construccións débense en gran medida a D. Sancho Sánchez de Ulloa, primeiro Conde de Monterrei en tempo dos Reis Católicos. Como nota curiosa: aquí foi onde estivo a primeira imprenta de Galicia.
O castelo de Monterrei e a súa relación cos Irmandiños é hoxe noticia porque a Dirección Xeral de Xuventude organiza un xogo de rol en vivo que comezará o vindeiro 22 de setembro nos arredores deste castelo.
Xoga a "Irmandiños: Xogo de rol en vivo"
Tema proposto por Xavier F.M. (concellodesandias.com)