As historias son ao cine o que o sal á auga do mar, un elemento imprescindible. Por iso, non é de estrañar que as productoras se mergullen na literatura para buscar argumentos e historias que levar á gran pantalla. Ás adaptacións recentes de escritores galegos, como Manuel Rivas, os grandes clásicos da nosa literatura como Castelao, Rosalía de Castro ou Méndez Ferrín son exemplos desa atracción do audiovisual pola literatura.
Desde o momento no que se foi artellando timidamente unha pequena industria audiovisual, xunto con historias propias, os guionistas e os deseñadores fóronse animando na difícil tarefa de adaptar un guión. Aínda que cada un se mova en ámbitos distintos, o cine é espacial mentres que a novela é temporal, ambos os dous son medios de expresión. A relación entre o cine a literatura alimentouse desde sempre, de feito, un informe da Asociación Galega de Editores calcula que máis do trinta por centro das películas que se producen cada ano no mundo están baseadas en textos literarios preexistentes.
Os proxectos
O máis actual é a adaptación cinematográfica que Ismael González prepara da novela de Xosé Neira Vilas Memorias dun neno labrego e que segundo ten anunciado estará lista para o 2007. Unha obra sobre a que xa traballou no 2002 con Xan Leira, aínda que daquela era un documental. Non é o único proxecto que vencella cine e literatura, posto que a Asociación Galega de Editores (AGAPI) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) asinaron un convenio polo que a primeira fixo unha análise de obras de autores galegos susceptibles de ser levados ao cinema. O convenio, do que hai dúas edicións, contou co apoio da Consellaría de Cultura e recolle obras de ficción como A vida que nos mata de Xabier López, A esfinxe do amaranto de Antón Riveiro Coello ou DesVentura de An Alfaia, de animación como O coelliño branco ou documentais como Mario de Langullo. O derradeiro fuxido de Xosé Domínguez.
Á marxe deste convenio, a Televisión de Galicia, no seu plan de produción anual ten achegado relatos á pequena pantalla dentro do proxecto Un mundo de historias. Baixo este título fíxose unha miniserie que adaptou relatos de Ánxel Fole, Otero Pedrayo ou Carlos Casares, entre outros autores. A segunda fase deste proxecto cambiou de formato e desenvolve películas para televisión baseados en textos de autores galegos contemporáneos. Patajorobí de Xosé Cid Cabido, nun guión elaborado polo novelista Francisco Fernández Naval e A biblioteca da Iguana de Xosé Miranda adaptada por Miguelanxo Prado son as dúas primeiras entregas.
Polo demais, unha adaptación da obra "Aire negro" de Agustín Fernández Paz, completará a presenza galega na serie A sombra do misterio , título que agrupa ás catro películas para televisión, que coproducen polas televisións catalá e galega e polas produtoras Continental (Galicia) e Oriol (Cataluña), e conta coa colaboración da Xunta, a Generalitat e Caixa Galicia.
Non tan actuais
Antón Reixa estreouse na dirección no 2003 con O lapis do carpinteiro unha ópera prima complexa, porque supuña adaptar a novela do escritor coruñés Manuel Rivas, que fora galardoada co Premio da Crítica en 1998. Un momento especialmente bo para a conexión entre o audiovisual e a literatura do país, xa que un ano antes Xabier Villaverde dirixía a obra doutro dos escritores galegos con maior proxección, Suso de Toro e as súas Trece Badaladas. Estas dúas películas tiveron unha boa recepción no despacho de billetes, O lapis do carpinteiro tivo 171.325 espectadores que supuxeron unha recadación de 763.564,04 euros, case igualada por Trece badaladas que tivo 134.513 e uns ingresos de 611.970,59 euros.
Mención á parte merece O bosque animado a obra de Wenceslao Fernández Flórez (ao mesmo tempo un dos autores galegos que forneceu de máis obras á industria estatal) que foi levada ao cine en dúas ocasións. Unha delas dirixida por Jose Luís Cuerda e outra nun pioneiro proxecto de animación posto en marcha pola empresa coruñesa Dygra Films. O bosque convertíase na primeira longametraxe de animación galega e unha boa estratexia de distribución fixo que tivera 509.186 espectadores que supuxeron un ingreso de 1.951.816,29 euros. Moitos anos antes, en 1975, Antonio Francisco Simón inspirouse en Xan de Malvís, personaxe desta mesma obra, para crear Fendetestas.
Os clásicos
Aínda que o audiovisual galego é moi recente, desde as súas orixes foron establecendo pequenas relacións que comezaron nos anos setenta. Foron poucos os autores galegos que son levados a o cine polos primeiros realizadores galegos. Citábamos antes o exemplo de Antonio F. Simón en Fendetestas, pero houbo moitos máis. En 1974 Miguel Gato adaptou un conto de Francisco Taxes A tola que reflexa metaforicamente a opresión política de Galicia. Foi o mesmo ano no que Eloi Lozano ofrece o seu Retorno a Tagen Ata nunha versión libre do relato de Xosé Luís Méndez Ferrón e no que Enrique R. Baixeras se inspira no lucense Ánxel Fole para facer O documento. Tres anos despois repite experiencia co mesmo autor en O cadaleito.
Como non podía ser doutro xeito, Castelao tamén tivo as súas adaptacións, como O pai do Migueliño por Miguel Castelo, quen tamén se animou con Rafael Dieste cuxa obra O vello que quería ver o tren serviu de inspiración par O desexo. Moito máis antiga, de 1930, é A traxedia de Xirobio unha curtametraxe de José Signo na que adaptou a obra de Castelao Cousas da vida. Rematamos este repaso polos clásicos citando a Valle Inclán, outro referente da literatura galega que tamén inspirou numerosos traballos audiovisuais.
Outras formas de inspirar
Ademais de que o imaxinario dos autores clásicos e non tan clásicos serviu de fonte de inspiración para múltiples traballos, houbo outra serie de realizadores que aproveitaron o formato audiovisual para adentrarse na súa figura. Foi o caso das producións de Guillermo de la Cueva con Airiños da miña terra e Saudade (1975) e un pouco antes (1971) de Ismael González sobre Curros Enríquez, potea del pueblo, Recuerdo de Rosalía de Castroou Mosteiro de Osera. Xa de xeito máis recente, Miguel Anxo Murado redactou guións de documentais como Luís Pimentel (1989), O días do fabulador. Álvaro Cunqueiro (1990).