A Mariña repasa a súa tradición oral nas novas xornadas de A Pomba do Arco

Celebranse entre o 28 e 31 de xullo en Foz

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A Mariña repasa a súa tradición oral nas novas xornadas de A Pomba do Arco

A asociación cultural A Pomba do Arco celebra as súas XXVIII Xornadas de Historia Local entre o 28 e o 31 de xullo en Foz. Desta volta, a tradición oral da Mariña ocupará un espazo relevante, cunha conferencia o día 28 de Ugía Pedreira titulada "Achegamento á música de tradición oral na Mariña" ou outra de Antonio Reigosa sobre "A literatura de tradición oral na Mariña" o día 30 de xullo. As xornadas inclúen tamén conferencias sobre os maragatos na Mariña, de Vidal Martínez-Sierra, o 29 de xullo, e Manuel Miranda, sobre o patrimonio arqueolóxico de Foz, o 31 de xullo. Todas as conferencias se celebran ás 20.30 horas na casa da cultura de Foz e non é precisa inscrición previa.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradición oral, Foz, ARCO, Antonio Reigosa...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares