As xornadas de historia local de Foz achéganse ao Camiño de Santiago e a masonería

Celébranse entre hoxe e o xoves

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A Asociación cultural "Pomba do Arco" organiza as XXIV Xornadas de Historia Local de Foz, que comezan hoxe ás 20.30 horas na Casa da Cultura do concello. As xornadas ofrecen unha conferencia por día. Inaugura o historiador Xosé Ramón Fernández Pacios falando sobre o Camiño de Santiago por Foz. Mañá, á mesma hora e lugar (e así nos días sucesivos), Carlos Pereira tratará sobre a masonería na Mariña nos séculos XIX e XX, e Francisco Rodríguez deterase o mércores no século XIV "Un momento decisivo para a Mariña". O antropólogo Rafa Quintía pechará as xornadas o xoves 1 de agosto falando sobre "Obxectos curativos e usos de amuletos na cultura popular".

Que che parece esta nova?
117 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Soportes en acción

Soportes en acción

As xornadas "Arte+Pintura" celébranse no CCG o 23 e 24 de abril

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Foz, Camiño de Santiago, Xosé Ramón Fernández, Francisco Rodríguez...