Están a transformar as novas tecnoloxías e a diversidade de formatos artísticos o concepto que tiñamos ata o momento de pintura? Segue tendo este soporte o prestixio e a viveza que manifestou ao longo dos séculos pasados? Como afronta a arte contemporánea a relación con el? Estes e máis debates vívense hoxe mércores e mañá xoves no Consello da Cultura Galega, nas xornadas "Arte+Pintura"
Este mércores arrincan no Consello da Cultura Galega as xornadas Arte+Pintura, que buscan ofrecer un mapa teórico e práctico do estado actual deste xénero. Aínda que se leva dicindo que a pintura esmorece, o que imos poder ofrecer é que existe unha gran diversidade e riqueza, así como exhibir a enerxía que ten a pintura a día de hoxe explica Almudena Fernández, coordinadora xunto con María Luisa Sobrino das xornadas que se desenvolverán ata o xoves na sede da institución.
As xornadas queren reflexionar, repensar e analizar como os cambios repercuten na práctica artística. Profesores, comisarios e investigadores ofrecerán un achegamento á situación actual da pintura desde un punto de vista teórico en sesión de mañá, mentres que pola tarde serán os propios creadores os que, exhibindo o seu traballo, irán amosando como se concretan todos os cambios que a pintura leva asumindo nos últimos tempos. A aparición de internet, das redes sociais e a popularización dos programas de deseño gráfico de manipulación da imaxe que foron claves para a transformación que sufriu a pintura explica Almudena Fernández.
Un gran mapa actual da pintura
Non é a primeira vez que o Consello da Cultura reflexiona sobre a pintura. A primeira vez fíxoo no ano 1995, nunhas xornadas organizadas por Antón Castro e Juan de Nieves. Daquela celebráronse moitas exposicións referenciais sobre a pintura, nas que se defendía que a tradición pictórica non esmorecera, pero tamén foi o momento no que empezan a ser borrosas as liñas das grandes categorías artísticas como a pintura, a escultura puntualiza Almudena Fernández, membro da sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega e profesora da Facultade de Belas Artes (Universidade de Vigo). Foi na década seguinte, cando comezan a asimilar e consolidar eses cambios que outros xéneros, como a escultura, aceptaron moito antes. As xornadas evidenciarán esa transformación tanto na representación como nos materiais e nos soportes. O que nos gustaría que quedase, explica Almudena Fernández, é un mapa da gran diversidade e da gran riqueza e enerxía que aínda ten a pintura.
Para explicar esa transformación, as xornadas contan neste primeiro día coa presenza destacada de Antón Castro, que ofrecerá a evolución con respecto da década dos noventa. Canda el, a profesora da Universidade de Lisboa, Isabel Sabino, explicará porque se inclúen outras disciplinas na pintura como poden ser a fotografía, as performances ou o teatro, e por que se deconstrúe o espazo pictórico, cuestión que ten amplamente abordadas no libro A pintura depois da pintura.
Xa pola tarde, será o momento dos creadores. Berta Cáccamo, Miren Doiz e Manuel Eirís, moderados polo profesor e tamén artista visual, Ánxel Huete debaterán Dentro ou fóra do cadro para concretar como se materializan eses cambios.