Hoxe comezan en Raxó (Poio) as XII Xornadas Estivais sobre Lingua e Cultura Galega que organiza a Sociedade Cultural e Deportiva da Parroquia. Esta edición, sumándose á vaga de iniciativas en prol da memoria histórica, teñen como finalidade abordar a represión franquista en diferentes disciplinas. O historiador UxÃo Breogán e o documentalista Jorge Guitián serán os encargados de abrir os encontros falando sobre a arquitectura da represión. Mañá será o momento e analizar o que pasou no caso concreto do concello de Poio, mentres que a ultima sesión falará da represión franquista contra os mariñeiros galegos, o exilio e a emigración.
Mais información no Diario de Pontevedra