Preséntanse as VIII Xornadas Estivais de Lingua e Cultura Galega en Raxó

Aprender a facer cultura

| Santiago.Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Sociedade Cultural e Deportiva do concello pontevedrés de Raxó presentou as VIII Xornadas Estivais da Lingua e Cultura Galega, unha serie de debates que baixo o lema xenérico "¿Como se fai cultura ?" terán lugar os días 26, 27 e 28 deste mes na Confraría de Pescadores de Raxó. O luns a mesa redonda falará do apoio institucional á cultura, o martes tocaralle o turno á xestión municipal da a área cultural mentres que o mércores será o día para falar das iniciativas privadas. Nas mesas estarán presentes figuras do mundo da xestión cultural a tódolos niveis e algúns históricos como Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao.
Máis información en Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Diario de Pontevedra, Fundación Castelao

Claves

Protagonistas
Lugares