O Cruceiro do Hío perde o seu Adán

Un veciño de Vigo arrincou a figura ao tentar subir ao monumento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Cruceiro do Hío, con Eva e Adán no pé do fuste. Fonte: Turismo de Galicia

Cruceiro do Hío, con Eva e Adán no pé do fuste. Fonte: Turismo de Galicia

A Policía Local de Cangas identificaba este 21 de xullo a persoa que arrincou a figura do Adán que fai parte do coñecido Cruceiro do Hío, en Cangas. Os feitos desenvolvéronse na noite do pasado día 15 cando un veciño de Vigo subiu ao monumento e arrincou o fragmento, situado no fuste do cruceiro, ao se agarrar a el.

O responsable dos danos depositou o Adán, que xa fora arrincado da súa posición noutras ocasións, no propio pedestal do monumento antes de fuxir. Como efecto do desprendemento, a peza partiuse en dúas partes. O Concello contactou xa co Arcebispado de Santiago, propietario do cruceiro, para abordar a súa restauración.

Que che parece esta nova?
119 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Cangas

Claves

Lugares