Atopan en Cangas un busto en pedra nas proximidades da Colexiata

A peza espertou grande expectación na vila

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Atopan en Cangas un busto en pedra nas proximidades da Colexiata

Unhas obras nas proximidades da colexiata de Cangas tiveron unha sorpresa: a aparición dun busto de notable calidade técnica, nun contorno no que nunha intervención anterior tamén aparecera, segundo se puido saber nestes días, un cruceiro que ficaba gardado na Casa das Novenas, o local privado de uso por parte das confrarías de Semana Santa de Cangas, onde tamén foi inicialmente o busto. En declaracións a Faro de Vigo, o arqueólogo Benito Vilas sitúa o busto no contexto de obras vinculadas á Colexiata e nun arco cronolóxico do século XVI. Os motivos polo que a peza non foi incorporada ao templo non son aínda coñecidos. O busto foi situado no recibidor do concello de Cangas para que os veciños poidan velo e será remitido un informe a Patrimonio.

Que che parece esta nova?
225 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Semana Santa, Concello de Cangas, ARCO, Faro de Vigo...