E Sócrates volveu a Tui

Unha comisión cidadá repón un busto do filósofo destruido no 36

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Foto da inauguración do monumento en 1936

Foto da inauguración do monumento en 1936

Foi unha das estatuas máis breves da Historia da arte galega. O 3 de maio de 1936 o profesor Benito Prieto e os seus alumnos do Instituto de Tui inauguraban nos xardíns da Media Lúa da cidade un busto realizado por eles dedicado a Sócrates. Só un par de meses despois, o busto era destruido e guindado polas tropas de Franco ao Miño e o profesor Prieto encadeado. Unha comisión cidadá promoveu, desde 2009, por suscrición popular, a realización dun novo busto para repoñer nos xardíns. Os alumnos do instituto, coa axuda dos profesores e un escultor local, volveron construír un novo busto de Sócrates, similar ao anterior, que se colocará outra volta nos xardíns municipais.

A estatua inaugurarase o 26 de xuño ás oito da tarde, e na inauguración non se pronunciarán discursos. Só haberá un percorrido musical que recollerá o periodo desde a súa inauguración no 36 ata hoxe e os seus principais acontecementos.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Os tópicos que deixou o NO-DO

Os tópicos que deixou o NO-DO

A antropóloga Beatriz Busto achega unha listaxe de elementos que incorporamos á nosa cultura desde o franquismo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tui, Historia da Arte, Miño, Medios de comunicación